Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cidades e exclusión social: analizados os recursos sociais dirixidos a persoas sen fogar nin medios económicos de 18 cidades españolas: Os concellos aumentan o gasto social para os máis pobres, pero seguen a faltar recursos

-Os servizos asistenciais de aloxamento e hixiene priman sobre as axudas sociais de tipo laboral ou sanitario
-A gran diversidade e heteroxeneidade dos servizos sociais ofrecidos polos concellos marca a comparación entre as 18 cidades seleccionadas por CONSUMER EROSKI

  A pobreza chama con insistencia a un número cada vez maior de fogares en España. O aumento do desemprego, a precariedade laboral e mais o endebedamento asociado ás hipotecas dispararon a petición de axudas, un 40% máis no primeiro semestre do 2008 segundo Cáritas. A exclusión social é un drama que se espalla a medida que se murcha a economía: un millón e medio de familias viven en España en infravivendas e hai máis de 30.000 persoas sen fogar. Os seus efectos impulsaron as Administracións públicas a potenciar os recursos para mitigar os danos. É o caso dos concellos; as súas partidas para os menos favorecidos rexistraron un xeneralizado incremento nos cinco últimos anos (en cidades como Málaga triplicáronse, mentres que noutras como Pamplona, Madrid e Zaragoza se duplicaron), aínda que o orzamento continúa a ser insuficiente. O gasto en protección social en España (un 20,9% do PIB) atópase seis puntos por baixo da media europea malia contar cunha maior proporción de persoas con escasos recursos (un 20% fronte ao 16% europeo). Á marxe de cifras estatísticas, aínda queda moito por facer, tal e como constata o informe de CONSUMER EROSKI que analiza as iniciativas municipais contra a exclusión social en 18 capitais española.

A normativa (Lei 7/85) establece que cada concello debe exercer as competencias que lles sexan atribuídas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción, e favorecer a reinserción social dos cidadáns que menos recursos teñen. Ademais, os concellos de máis de 20.000 habitantes están obrigados a conceder estas prestacións sociais.

  CONSUMER EROSKI fixou o seu enfoque nos servizos facilitados polos concellos a persoas excluídas (persoas sen fogar, transeúntes...), e mais nun informe publicado a finais do 2005. A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza foron as cidades incluídas no estudo. Remitiuse un cuestionario aos concellos e utilizáronse os datos achegados nas memorias de execución das áreas sociais municipais. Sevilla e Córdoba foron os únicos Concellos que non responderon aos sucesivos requirimentos por parte da revista.

A diversidade e heteroxeneidade dos servizos sociais municipais marcan, e dificultan, a comparación. Aínda con esta salvidade, os orzamentos dedicados a Asuntos Sociais deparan diferenzas substanciais (convén lembrar que a atención ás persoas sen fogar supón só unha pequena parte dun orzamento que financia medidas destinadas a persoas maiores, infancia e xuventude, familias, mulleres, educación social, cooperación ao desenvolvemento...). En Bilbao e Pamplona, os Departamentos de Acción Social e Benestar Social xestionaron máis de 40 millóns de euros (45 millóns na capital biscaíña e 43 na capital navarra), moi por riba dos preto de 31 millóns de euros do concello valenciano, capital cunha poboación que duplica os habitantes de Bilbao e cuadriplica os de Pamplona. Rechamante tamén é o caso de Málaga, que triplica os habitantes de San Sebastián e tivo unha dotación orzamentaria durante 2009 de 27,6 millóns de euros para a Área de Benestar Social (case cinco millóns menos que o que destinou o Concello donostiarra). O maior orzamento corresponde a Madrid, que dispuxo de 54 millóns de euros só nos capítulos de atención a persoas sen fogar, servizos sociais, emerxencia social e inmigración. Ségueo o concello vitoriano, con 53,2 millóns de euros de orzamento inicial. Os máis axustados corresponden aos concellos de Oviedo (8,2 millóns de euros), Alacante (case 11 millóns de euros sen contar gastos de persoal), A Coruña (máis de 12 millóns de euros excluídos os gastos de persoal), Granada e Córdoba (máis de 14 millóns cada un).

Se se fixa como referente o orzamento do 2004, todos os concellos aumentaron considerablemente a dotación en prestacións sociais. Os crecementos máis rechamantes obsérvanse en Málaga (triplica o orzamento do 2004) e en Zaragoza, Madrid e Pamplona, máis do dobre. O resto de cidades experimentaron un aumento do orzamento entre un 32% e un 79%, moi por riba en todo caso da suba do IPC neste período, un 9,4%.

O número de camas para os sen teito é outro dos indicadores destas prestacións municipais. A regra xeral sinala que canto maior é o tamaño da cidade, maior é a dotación. E así o constatan as 1.246 camas en Madrid, as 948 repartidas por Barcelona ou o medio milleiro contabilizado na capital valenciana e en Murcia. No extremo contrario: as 40 prazas do centro de acollida municipal de San Sebastián, as 54 do centro integral de atención a persoas sen fogar de Pamplona (ponse en marcha este mesmo ano) ou as 58 do centro municipal valisoletano. No resto das cidades estudadas, as prazas están entre as 100 e as 200 camas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto