Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
O prezo medio dunha entrada en fin de semana é de 6,76 euros, case tanto como os 6,57 euros que se paga por unha porción mediana de flocos de millo (3,36 euros) e por un refresco (3,21 euros)
A polémica, non obstante, está servida. Diso dan fe as máis de 20 sentenzas ditadas ao respecto dende o ano 1991. O problema xorde ao enfocar a prohibición amparándose no dereito de admisión. Deste xeito, é posible interpretala como unha restrición na libre capacidade de elección do consumidor para que merque os flocos de millo ou a bebida onde máis lle apeteza.
Por este motivo, as comunidades autónomas xa se pronuncian e son recentes as normas aprobadas para regular esta lea. Asturias e Andalucía son as máis rotundas. Na primeira, a lei de espectáculos determina que os consumidores teñen dereito a elixir os produtos que desexen consumir e o seu lugar de adquisición, sempre e cando o cine permita o consumo de alimentos nas súas salas. Na mesma liña sitúase a regulación andaluza. Os cines desta comunidade non poden negar a entrada con comida ou bebida, con independencia do lugar no que se adquirira, se na sala está permitido comer.
| Cidade | Nº cines | Prezo medio fin de semana | Prezo laborable | Prezo día do espectador | Prezo flocos de millo1 | Prezio refresco2 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | 3 | 6,65 euros | 6,65 euros | 5,35 euros | 3,3 euros | 3,1 euros |
| Barcelona | 15 | 7,19 euros | 7 euros | 5,47 euros | 3,61 euros | 3,50 euros |
| Bilbao | 6 | 6,71 euros | 6,38 euros | 5,05 euros | 3,50 euros | 3,30 euros |
| Madrid | 28 | 7,32 euros | 7 euros | 5,71 euros | 3,76 euros | 3,60 euros |
| Sevilla | 8 | 6 euros | 5,95 euros | 5 euros | 3 euros | 2,90 euros |
| Valencia | 7 | 6,71 euros | 6,38 euros | 5,40 euros | 3 euros | 2,90 euros |
| En conxunto | 67 | 6,76 euros | 6,75 euros | 5,47 euros | 3,36 euros | 3,21 euros |
1. As porcións son medianas, pero o peso oscila entre os 130 g dos formatos máis pequenos aos 225 g dos máis grandes.
2. Os tamaños son medianos, pero o seu volume varía entre os 50 cl e os 75 cl.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI