Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizadas 12 mostras de chucherías: Chucherías: un cero en nutrición

Carecen de interese nutricional e polo seu gran contido en azucre o seu consumo habitual fomenta a carie, a obesidade e os malos hábitos alimentarios. Mellor consumilas só de vez en cando e en pequenas cantidades

  As chucherías son se cadra as larpeiradas por antonomasia. Trátase de produtos de confeitería formados por unha pasta maciza elaborada fundamentalmente con azucre e que foi aromatizada e coloreada mediante o uso de numerosos aditivos. Comercialízanse con formas, tamaños e envases moi diversos. O máis característico das chucherías é o seu ínfimo valor nutricional. Compóñense maioritariamente (representan de media o 82% do produto) de hidratos de carbono e, dentro destes, a maior presenza osténtana os azucres sinxelos (sacarosa, frutosa, glicosa, maltosa), os menos interesantes dende un punto de vista nutricional; o resto dos hidratos desempeñan unha función xelificante, como pectinas, xelatinas, amidóns e goma arábica. O contido no resto de nutrientes, graxas e proteína, é pouco relevante; e outro tanto acontece cos micronutrientes: as vitaminas e os minerais. A súa elaboración é simple. A mestura conséguese con grandes doses de azucres -azucre, xarope de glicosa, glicosa, dextrosa, xarope de caramelo e outros-, que supoñen máis do 50% do peso das chucherías. Engádense os aditivos -aromas, acidulantes, xelificantes e colorantes- e xa está. As chucherías tipo "nube", ademais, conteñen proteínas lácteas que garanten a textura esponxosa. Se en lugar de estaren cubertas de azucre, son brillantes, como as regalicias ou os amorodos, empréganse aceites e ceras que lles dan ese brillo. Toda esta masa dilúese nunha cantidade determinada de auga que lle proporcionará a densidade desexada ao produto.

Os aromas proporcionan arrecendo e sabor, os acidulantes potencian o sabor e serven como conservantes, os xelificantes permiten as curiosas formas, os colorantes fan o seu coñecido labor e a xelatina, os aceites e as ceras danlle consistencia ao produto e fano máis atraente á vista. A mestura introdúcese nos moldes e déixase repousar ata que a xelatina arrefríe e se obteña este produto doce, coa forma desexada, de textura gomosa e pegañenta.

Un consumo nada banal

Non se trata dun produto banal no nutricional. O consumo frecuente de chucherías pode propiciar carie e obesidade, amais de malos hábitos alimentarios. Porque teñen moito azucre (de media, éo o 54% de produto, pero nalgunhas chucherías o azucre chega a representar máis do 70%) e porque teñen un gran poder enerxético: proporcionan dende 335 ata 380 calorías cada cen gramos. Se a todo isto se engade que é un produto que contén innumerables aditivos (aromas, colorantes, acidulantes, xelificantes, humectante, conservante...), os máis deles artificiais, e que a maioría dos fabricantes seguen a usar colorantes azoicos, pouco convenientes para os nenos (poden afectar á súa actividade e atención), a conclusión só pode ser unha: as chucherías non lle achegan nada bo á nosa dieta e poden convertela en peor e en menos saudable, polo que non se deben converter en produto habitual de consumo.

CONSUMER EROSKI analizou 12 mostras de chucherías con formas e tamaños variados (xeles de goma: osiños, amoras, chucherías recheas, botellas cola, bágoas, framboesas, caramelos de goma; regalicias: docepicas e discos de regalicia e escumas doces: ás que se chaman "nubes" ou "xamóns") de Damel, Mauri, Haribo, Miguelañez, Vidal, Dulciora, Virginias e Natursoy. Nove das mostras comercialízanse en bolsas de plástico que pesan entre 75 e 175 gramos, e as outras tres véndense en tarriños de plástico, dous deles de 200 gramos e un, de 700 gramos (as botellas de coca cola de Miguelañez).

En contra do que ás veces se pensa, as chucherías non son baratas: custan dende pouco máis de 7 ata 11 euros o quilo, e ata hai unha, a que se reclama ecolóxica, que sae a case 29 euros o quilo. A maioría das verduras e froitas e mesmo moitos peixes e produtos cárnicos custan menos ca a máis barata destas larpeiradas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto