Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha persoa mercou un coche novo que se pode conducir sen carné (coñecido como cuadriciclo) que en pouco tempo sufriu numerosas avarías. Logo de amañar o vehículo sen resultado, demandou ao vendedor e solicitou a resolución do contrato con devolución do prezo pagado. E gañou o xuízo, polo que o establecemento vendedor foi condenado a aboar 6.300 euros máis xuros legais e custas. Segundo a Audiencia de Ourense, en sentenza do 5 de marzo do 2009, o informe pericial que proporcionou o comprador amosaba unha serie de defectos de fabricación, avarías que reducían a seguridade do cuadriciclo e que requirían arranxalo continuamente. A Audiencia concluíu que o vehículo adquirido, polos seus defectos de fabricación, non se correspondía coa calidade esixible, circunstancia que facultaba o consumidor para solicitar a resolución contractual que finalmente prosperou.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI