Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un salón de peiteado utiliza un produto para tinguir o pelo que lle causa á clienta unha alerxia e perda do cabelo

 Unha muller acudiu a un salón de peiteado para tinguirse o cabelo. Aplicáronlle un produto específico que xa nun primeiro momento lle produciu unha leve comechón. Para mitigalo, usaron un tratamento hidratante e os profesionais seguiron coa descoloración do pelo. Así e todo, ese mesmo día acudiu ao hospital de urxencia, onde se lle diagnosticou eritema na fronte, nas orellas e mais na cara, e perda de pelo por reacción cutánea, polo que precisou unha baixa laboral 18 días. Polos danos sufridos, incluídos os psicolóxicos, demandou ao salón de peiteado e solicitou unha indemnización. Non obstante, o salón de peiteado negouse a pagar os cartos solicitados porque a usuaria manifestara que non sufría alerxias. Pero a clienta gañou o xuízo. A Audiencia de Valencia, en sentenza de 4 febreiro do 2009, afirmou que aínda que se parta de que a aplicación de toda tinguidura comporta un risco de alerxia, o salón de peiteado non acreditou unha actuación dilixente, xa que non informou a usuaria desa posibilidade nin lle realizou probas ao respecto. Por iso, condenou o establecemento a indemnizar a usuaria con 1.000 euros.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto