Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Anulan a viaxe por ameaza terrorista e o cliente demanda á axencia de viaxes

 Unha persoa demandou a axencia de viaxes e mais á axencia por xunto organizadora dunha viaxe que se cancelou pola ameaza dun atentado terrorista que provocou o peche do aeroporto de Heathrow. Solicitoulles unha indemnización de 2.203 euros como devolución de parte do prezo aboado. A reclamación acabou nos tribunais. A Audiencia Provincial de Valladolid, en sentenza do 12 de febreiro do 2002, recoñeceu que sempre que o organizador cancele a viaxe combinada antes da data de saída acordada e que o faga por calquera motivo que non lle sexa imputable ao consumidor, este terá dereito ao reembolso de todas as cantidades pagadas. Rexeitou que a axencia se puidese escudar na súa condición de intermediaria, xa que o cliente ten dereito a que respondan todas as persoas que se benefician do prezo pagado, tanto a axencia polo miúdo que recibe o encargo, como a axencia por xunto que oferta o programa. Xa que logo, o consumidor pódelles esixir responsabilidades a calquera delas ou a ambas as dúas e de modo solidario, como aquí aconteceu.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto