Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Durante estas festas, milleiros de persoas sofren accidentes domésticos con adornos e con obxectos do Nadal que, as máis das veces, son bos de previr
Ás caixas coas palabras "Adornos de Nadal" sácanse de trasteiros e rochos e quítaselles o po como cada ano cando o calendario apura os seus últimos días. Nenos e maiores reúnense arredor de caixas cheas de bólas, adornos, grilandas, luces e espumillóns, sen esquecer o belén e a árbore, os grandes protagonistas da decoración do Nadal. Inofensivos en aparencia, moitos destes complementos poden ser a causa de numerosos accidentes domésticos. Por esta razón, co fin de evitar sustos, non se debe deixar nada en mans da improvisación á hora de elixir e de instalar estes e outros elementos decorativos.
Alén das bondades que representa para o medio natural, as árbores artificiais están fabricadas con materiais resistentes ao lume, de xeito que ante un chispazo orixinado polas luces non habería risco de incendio. Non esqueza comprobar que na etiqueta se indica esa circunstancia.
Sempre que vaia manexar artigos de pirotecnia convén advertir que un mal uso deles pode ocasionar dende intoxicacións ata queimaduras das mans ou das pálpebras, ou perforacións nos ollos. Sexa prudente. En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI