Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Zonas peonís: estudadas 100 das principais rúas restrinxidas ao tráfico de 18 cidades: Mobiliario urbano, limpeza e invasión de vehículos, carencias de unha de cada cinco rúas peonís

A proporción de suspensos baixou do 54% do 2004 ao 19% do 2009, pero a valoración media non pasa dun discreto 'aceptable'

  As rúas peonís exercen de corazón urbano. Bombean vida, relacións sociais e comerciais, pero os cidadáns e visitantes que as atravesan non sempre o fan nas mellores condicións: chans mal pavimentados, lixo e escaso número de papeleiras, poucos bancos (ou ningún) nos que facer un alto no camiño, automóbiles que andan ao seu aire por zonas prohibidas... Estas carencias non son teóricas. Responden a unha realidade que CONSUMER EROSKI comprobou tras o seu estudo de cen das principais vías peonís de 18 capitais españolas. A valoración global non pasa dun discreto 'aceptable' e unha de cada cinco rúas suspende, unha proporción significativamente inferior á recollida nun estudo semellante elaborado no 2004, no que só aprobaban a metade das vías. A marxe de mellora segue a ser notable, en especial en apartados como o mobiliario urbano, a limpeza ou o respecto das restricións de tráfico e estacionamento de vehículos.

Visitáronse zonas peonís da Coruña, de Alacante, Almería, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. O estudo valorou a dotación de mobiliario urbano, a limpeza e mantemento, a sinalización, a seguridade e a accesibilidade destas vías. Tamén se realizou unha proba práctica para comprobar se se respectan as restricións de tráfico fóra do horario de carga e descarga. A información completouse con datos proporcionados polos concellos de cada cidade.

A falta de limpeza e o mal estado do pavimento observáronse no 20% e no 35% do cento de rúas estudadas. En unha de cada tres a dotación de papeleiras considerouse insuficiente e no 60% non se atoparon bancos para sentar e descansar. Outras deficiencias: en dúas de cada dez vías, os técnicos atoparon algún perigo para a integridade física dos peóns (obras sen protexer, mobiliario urbano en mal estado, pavimento escorregadizo...) e a metade das rúas carecía de sinais específicos de zona peonil. Atopáronse tamén en dúas de cada dez vías automóbiles estacionados ou circulando fóra do horario de carga e descarga.

Por cidades, superan o exame proposto por CONSUMER EROSKI (cunha valoración de 'ben'), as zonas peonís de Córdoba, de Madrid, de Oviedo, de Valladolid e de Zaragoza. Quedan en 'aceptable' A Coruña, Alacante, San Sebastián, Sevilla, Bilbao, Granada, Murcia, Valencia e Vitoria. O suspenso recae en Almería, Barcelona, Málaga e Pamplona, cun 'regular'.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto