Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

O prezo dos bos propósitos

  A transformación dos desexos formulados co fin de ano en feitos carrexa un custo que a miúdo serve de escusa para xustificar o seu fracaso. Non obstante, sempre hai alternativas máis baratas Do desexo ao fracaso, do proxecto á crúa realidade. Así son os meses de decembro e xaneiro. O primeiro, cargado de propósitos e plans, o segundo, cheo de facturas e escusas que xustifican o seu fracaso. Entre os argumentos máis habituais que explican a razón pola que deixar de fumar se pospón, pola que perder eses quilos de máis se esquece e pola que sacar o carné de conducir se deixa para o verán, atópase a pouca forza de vontade, o exceso de optimismo ou a falta de realismo. A Universidade británica de Hertfordshire iniciou no nadal do 2007 un estudo sobre os novos propósitos formulados por 3.000 persoas. Ao cabo dun ano só o 12% se mantivo firme e conseguiu aquilo que se propuxera. Porque desexar, amais de doado, é gratis. Agora ben, canto custa cumprir os propósitos máis clásicos, como deixar de fumar, perder peso, facer exercicio, sacar o carné de conducir ou aprender un idioma?

Deixar de fumar: Un aforro para a saúde e para o peto

Quen máis e quen menos intentou algunha vez aparcar a súa adicción ao tabaco co comezo do novo ano. É un reto que se repite nas listas de propósitos asinadas por cidadáns de todas as idades, conscientes de que son moitas e moi boas as razóns para deixar de fumar. Gañar en calidade de vida, en saúde, facelo pola familia... Ademais, hai outro argumento polo que paga a pena intentalo: a cantidade de cartos que se aforran ao se renunciar a este hábito. Aínda que España é un dos países europeos onde o tabaco é máis barato, o seu abandono suporíalle un aforro de 21 euros á semana a unha persoa que fumase un paquete diario que custase 3 euros. Indicada deste xeito, a cifra parece non dicir moito. Pero se se calcula o gasto anual, 1.008 euros, a reacción non debería ser a mesma. O valor ata sería máis alto se o tabaco se mercase en máquinas expendedoras e non no estanco. Nese caso, o aforro sería de 1.058 euros. Esta é suma de diñeiro nada desprezable, coa que se pode pagar, por exemplo, unha cota da hipoteca ou doutro tipo de empréstitos.

Agora ben, amais do esforzo físico e mental que require loitar contra o tabaco, deixar de fumar tamén custa cartos, polo que en principio o aforro pode ser algo menor, se ben non se achega, nin de lonxe, ao desembolso que leva consigo ser fumador.

Co fin de que o abandono deste vicio sexa máis bo de levar, comercialízanse unha morea de produtos farmacéuticos. A súa función é a de axudar, pero en ningún caso son remedios máxicos. As gomas de mascar, os parches, as pastillas para chupar e os aerosois nasais funcionan a través da terapia substitutiva con nicotina. O produto máis barato é a goma de mascar, entre 10 e 20 euros, séguena os parches, que andan arredor dos 50 euros e o aerosol nasal, que custa algo máis de 60 euros.

Adeus ao tabaco, gratis e a golpe de rato

  Así e todo, dicirlle adeus ao tabaco non ten por que custar nin un can. Internet abriu un grande abano de posibilidades para conseguilo gratis e sen saír da casa. Unha das pioneiras é a Escola para deixar de fumar de CONSUMER EROSKI (www.escuelas.consumer.es/web/es/dejardefumar). Trátase dunha guía de apoio, didáctica e interactiva, que ensina como e por que se debe deixar de fumar. A información está personalizada en función de distintos perfís de fumador: persoas que non queren deixar o cigarro, outras que o están pensando, os que están decididos a facelo e persoas que recaen. A última proposta para deixar de fumar, deseñada pola Universidade a distancia (UNED), tamén recorre ás novas tecnoloxías. A través da web www.apsiol.uned.es/dejardefumar promóvese unha terapia para renunciar ao tabaco en só un mes. O programa, que consta dun servizo de alerta por sms e de correo electrónico para avisar o usuario, consta de catro módulos que hai que seguir ata abandonar este hábito, amais do seguimento durante un ano e medio para garantir o éxito da terapia. Ao igual ca a Escola para deixar de fumar de CONSUMER EROSKI, a principal vantaxe destes dous métodos é que non supoñen ningún gasto adicional e que se pode acceder a eles sen a necesidade de saír de casa.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto