Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Escoitar a música almacenada no ordenador por toda a casa: Música a través do wifi

Ante o imparable desenvolvemento da música dixital imponse a necesidade de a poder reproducir en calquera sitio sen desprazar aparellos nin tirar metros de cable

  O estante que aturou primeiro o peso dos discos de vinilo e logo dos compactos respira agora polas catro beiras e, como moito, garda discos externos, auriculares e accesorios de ordenador. Grazas ao desenvolvemento dixital, a música almacénase no disco duro do ordenador, onde caben decenas de milleiros de cancións. As cancións baixan directamente dende a Rede ao ordenador, onde os álbums se clasifican á espera de que o usuario os escoite cando desexe. A estas vantaxes únense ademais unha serie de retos.

  Un deles é como facer que os arquivos sonoros dixitais concentrados nun disco duro soen nos altofalantes do salón ou do cuarto sen que haxa que aumentar os metros de cable, é dicir, como sacalos do ordenador. Outro obxectivo é que cando as cancións dixitais se reproduzan nos devanditos altofalantes dean transmitido a mesma calidade que proporcionaban no seu formato de disco compacto. Ambos os dous desafíos dependen en boa medida do método que se escolla para levar a música dende a súa matriz dixital ás cadeas de alta fidelidade da casa.

Dispor de conexión wifi, case imprescindible

As solucións sen fíos son, en xeral, a única alternativa para non encher o chan de cables e escoitar a música cunha mínima calidade. Pero dentro deste eido tamén hai outras posibilidades, unhas mellores ca outras. No primeiro grupo céntranse os sistemas que utilizan as redes wifi dispoñibles na casa para transmitir os datos de audio aos altofalantes.

As redes wifi teñen a dobre vantaxe de disporen dun ancho de banda que dá transmitido a música polo aire sen problemas de caída do fluxo sonoro e mais de protexeren o devandito fluxo da interferencias doutros aparellos domésticos que emiten ondas nunha frecuencia similar, como os fornos microondas ou os teléfonos sen fíos. A utilización destes sistemas require a contratación dunha conexión ADSL con antena wifi para que se xere unha rede que debe chegar con comodidade a todos os recantos da casa ou, polo menos, alí onde se queira escoitar a música do ordenador. Se se dispón dunha rede potente, o único obstáculo que queda por superar é económico, e as solucións non son baratas. Así e todo, no mercado pódense atopar sistemas a un prezo axustado, como o AirPort Express de Apple.

Este sinxelo dispositivo enchúfase á corrente eléctrica por un lado, e por outro aos altofalantes mediante un cable de audio (xa sexa un 'minijack' ou un cable óptico). O AirPort Express capta o sinal wifi e a través del dá recibido as cancións que o usuario reproduce no seu ordenador mediante o programa iTunes. Unha vez recibidas, pásaas aos altofalantes. O seu prezo é de 89 euros.

Outra alternativa sen fíos que achega calidade de son é a dos altofalantes wifi, que aproveitan a rede de conexión a Internet da casa para recibiren o son dende o ordenador. Son eficaces e usan unha antena concentradora do sinal que evita interferencias, pero son caros. Un equipo completo de concentrador, altofalantes e caixa de baixos pode superar os 2.000 euros.

Aproveitar os dispositivos portátiles

De se dispor dun reprodutor de MP3 do tipo iPod Touch ou dun teléfono iPhone, pódese aproveitar a súa capacidade de conexión ás redes wifi co fin de escoitar a música do ordenador sen cables. O programa Simplify Media fai de ponte a través de Internet entre o reprodutor portátil e o disco duro, de xeito que permite que se escoite no iPod a toda a música do ordenador mediante streaming (fluxo de datos).

Unha vez establecida esta conexión entre aparatos, abonda con conectar a saída de audio do iPod á cadea musical para escoitar a música do ordenador nos altofalantes. A desvantaxe deste sistema é que a reprodución de cancións só se pode activar dende o iPod e non dende o ordenador, co que é cómpre erguerse cada vez que se queira cambiar de disco ou de lista de reprodución.

Nos fogares sen conexión a Internet, pódense utilizar outros sistemas para transmitir a música sen fíos. Un deles é a radio frecuencia. Comercialízanse diversos aparellos que se conectan á saída de audio do ordenador e que transmiten o son por ondas de radio a un receptor de sinal situado na entrada de son da cadea estereofónica. Este receptor pásase pola canle auxiliar ou por canles de radio establecidas con anterioridade. O único requisito é que a cadea conte cun dial.

O principal inconveniente é que ocupan unha zona con múltiples interferencias, tanto de aparellos domésticos como de emisoras de radio comerciais, polo que non se gozará en todo momento dunha audición estable. Estas interferencias pódense eliminar se se opta polo uso de altofalantes que transmitan o son polo protocolo Bluetooth. Agora ben, os modelos dispoñibles no mercado que empregan esta tecnoloxía non responden ben a distancias superiores aos dous metros.

Nada como o cable

Ningún dos métodos sen fíos que utilice superará ao cable na transmisión do sinal de audio. Polo tanto, rozar as paredes para pasar os cables aos cuartos todos, de xeito que en cada un deles se poida escoitar a través dos altofalantes o que se executa no ordenador ou noutro reprodutor de música central é a mellor solución. Esta fórmula implica un importante investimento de tempo e cartos se se fai ex profeso. Agora ben, se xa se planeou realizar obras de cableado eléctrico na casa pódense aproveitar para facer o tendido de audio, claro que este "capricho" aumentará como mínimo un 20% o orzamento da obra.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto