Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

8 pans de molde, brancos e integrais, analizados: O pan de molde integral é máis saudable e barato ca o branco

Para un consumo frecuente, o pan de molde, en xeral, é menos saudable ca o pan común: ten máis graxa, máis azucre e máis sal e numerosos aditivos

8 pans de molde (4 brancos e 4 integrais)

Panrico (branco)

 

  • "Pan de molde"
  • Bolsa de 310 gramos, con 16 rebandas. Sae a 4,69 euros o quilo, un dos máis caros. A mellor elección para aqueles aos que non lles gusta o pan de molde integral, que é máis saudable e barato.
  • Ingredientes: fariña de trigo, auga, lévedo, azucre, graxa vexetal, sal, fariña de faba, emulxentes (E-471, E-481), vinagre, conservadores (E-282, E-200) e estabilizador (E-412).
  • No nutricional, desigual: o 47% da súa graxa é saturada e a súa proporción de graxa (4,8%) tampouco é das menores; de feito, ten un dos peores perfís lipídicos deste comparativo. Ademais, é o de máis azucres engadidos (6,1%). Dúas importantes características positivas: o de máis fibra dos pans brancos (3,9%) e o de menos sal de todos (1,1%).
  • Na cata consegue 7,2 puntos (a maior nota dos oito comparados) e foi un dos máis preferidos entre os brancos. Gusta polo seu "sabor" e "tenrura" e non é criticado por ningún dos parámetros.

Bimbo (branco)

 

  • "Pan de molde"
  • Bolsa de 295 gramos, 14 rebandas. Sae a 5,02 euros o quilo, o máis caro dos oito.
  • Ingredientes: fariña de trigo, auga, lévedo, azucre, sal, aceite de oliva refinado (0,8%), emulsionante (E-472e, E-481, E-471, E-472c), vinagre, conservante (E-282, E-200), regulador de acidez (E-341i), antioxidantes (E-307, E-304), fariña de soia e de faba.
  • No nutricional, o mellor dos brancos. ?0 o único con aceite de oliva. O menos graxo (2,7%, cando os hai que chegan ao 6% de graxa) dos oito e o menos enerxético (250 cal/ 100 g) dos brancos. Un 2,4% de fibra, cantidade intermedia nos brancos (o que máis ten, o 3,9%; e o que menos, o 1,6%).
  • Na cata recibe 5,6 puntos: gabado polo seu "sabor" e "aparencia", é criticado por "pouco substancioso".

Moldipan (branco)

 

  • "Pan de molde"
  • Bolsa de 500 gramos, 24 rebandas. Sae a 1,5 euros o quilo e é, con diferenza (xunto ao integral da mesma marca), o máis barato dos oito.
  • Ingredientes: fariña de trigo, auga, aceite vexetal, azucre, sal, lévedo, emulxentes (E-471, E-472e e E-482), mellorantes (E-300, encimas alfa-amilasa), fariña de centeo, conservadores (E-200 e E-282), estabilizante (E-412), regulador de PH (vinagre) e fariña de leguminosas.
  • No nutricional, mediocre. Un dos máis graxos (5%), aínda que a súa proporción de saturados (20% da graxa) é a máis saudable dos oito. Un dos dous máis enerxéticos (274 calorías cada cen gramos) e o máis salgado (1,6%).
  • Na cata, con 4,6 puntos acada a peor nota deste comparativo e foi o menos preferido dos pans de molde brancos. Non é gabado por ningún dos parámetros e recibe críticas por "tamaño" e "tenrura".

La Hornada Casera

 

  • "Pan de molde"
  • Bolsa de 500 gramos, con 18 rebandas. Sae a 2,70 euros o quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta. Declárase "Pan de molde natural", cando na listaxe de ingredientes recoñece conter varios aditivos.
  • Ingredientes: fariña de trigo, auga, graxas e aceites vexetais, azucre, sal, lévedo, conservador (propionato cálcico), aroma, emulxentes (mono e diglicéridos dos ácidos graxos, Estearoil-2-lactilato sódico), fariña de faba, estabilizador (goma guar), vinagre, axente de tratamento da fariña (ácido ascórbico).
  • No nutricional, dos menos interesantes. O máis graxo (5,1%) dos brancos e un dos de graxa menos saudable, pola súa elevada proporción de saturados (50%). O de máis carbohidratos (50%) e un dos máis enerxéticos (274 cal/100g). E o de menos fibra (1,6%).
  • Na cata, 7 puntos, o segundo con maior nota e un dos máis preferidos dos pans brancos. Gusta por "aparencia", "sabor" e "tenrura" e non é criticado en ningún parámetro.

Bimbo Silueta (integral)

 

  • "Pan de molde integral"
  • Bolsa de 545 gramos, 22 rebandas. Sae a 3,58 euros o quilo, o máis caro dos integrais e o terceiro máis caro dos oito. Mellor relación calidade-prezo de todo o comparativo.
  • Ingredientes: fariña integral de trigo, auga, lévedo, azucre, aceite vexetal, sal, fibra vexetal soluble de raíz chicoria (1,2%), vinagre, emulsionante (E-472e, E-471, E-481, E-472c), conservante (E-282, E-200), fariña de faba, fariña de cebada maltada, fariña de soia, regulador de acidez (E-341i), antioxidantes (E-307, E-304).
  • No nutricional, o mellor dos oito. ?0 o único con aceite de oliva. O de menos graxa (3,9%) dos integrais e un dos de perfil lipídico máis saudable (23% da súa graxa, saturada). O menos enerxético (235 cal/100 gramos), o de máis fibra (6,5%) e dos menos salgados (1,2%).
  • Na cata acada 6,5 puntos e foi un dos máis preferidos entre os integrais. Gabado polo seu "sabor", "aparencia" e "tenrura", non recibiu críticas por ningún dos parámetros.

Moldipan (integral)

 

  • "Pan de molde integral"
  • Bolsa de 500 gramos, con 25 rebandas. Sae a 1,5 euros o quilo, o máis barato, xunto ao branco desta mesma marca.
  • Ingredientes: fariña de trigo integral, auga, aceite vexetal, lévedo, azucre, sal, emulsionantes (E-471, E-472e), antioxidante (E-300), encimas alfa-amilasa, conservadores (E-200 e E-282), regulador de pH (vinagre).
  • No nutricional non destaca en nada, non sendo en que -aínda que por unha diferenza ben pequena- é, a carón do pan branco da mesma marca, o de perfil lipídico máis saudable: só o 20% da súa graxa é saturada. A súa cantidade de sal (1,4%) está na media, aínda que catro pans dos oito teñen entre o 1,3% e o 1,1% de sal.
  • Na cata, 5,2 puntos, o menos preferido dos integrais. ?0 eloxiado por "sabor", e recibe críticas por "pouco substancioso".

Panrico Senzial

 

  • "Pan de molde integral"
  • Bolsa de 520 gramos, 22 rebandas. Sae a 3,03 euros o quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta: dise "100% fibra natural", cando a fibra é un ingrediente natural deste produto e non está permitido suxerir que se posúen calidades particulares cando produtos similares as posúen de modo natural.
  • Ingredientes: fariña integral de trigo, auga, lévedo, aceite vexetal, azucre, sal, fariña de malte, inulina (fibra alimentaria), glute de trigo, emulxentes (E-471, E-481), soro de leite en po, conservadores (E-200, E-282), vinagre, estabilizador (E-412).
  • No nutricional, destaca por ser o de máis graxa (6,1%) e un dos de máis sal (1,5%). E o único que contén leite; indícao e é moi útil para os que padecen alerxia ou intolerancia a este alimento.
  • Na cata recibe 6,7 puntos e foi un dos máis preferidos dos integrais. Gusta polo seu "sabor", "aparencia" e "tenrura" e non é criticado por ningún dos parámetros.

La Hornada Casera

 

  • "Pan de molde integral"
  • Bolsa de 500 gramos, 18 rebandas. Sae a 2,7 euros o quilo.
  • Ingredientes: fariña de trigo, auga, farelo de trigo, graxas e aceites vexetais, azucre, glute de trigo, sal, aromas, lévedo, emulxentes (mono e diglicéridos dos ácidos graxos, Estearoil-2-lactilato sódico), fariña de faba, conservador (propionato cálcico), vinagre, estabilizador (goma guar), axente de tratamento da fariña (ácido ascórbico).
  • No nutricional, destaca polo perfil pouco saudable (47% saturados) da súa graxa, e por ser o de menos fibra (4,3%) dos integrais. O positivo: é un dos menos salgados (1,2%) e o de menos azucre (2,4%).
  • Na cata, con 6,2 puntos, foi dos máis preferidos entre os integrais: gusta por "aparencia", "sabor" e "tenrura" e non é criticado por ningún dos parámetros.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto