Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor interpuxo demanda de xuízo verbal contra unha compañía aérea de baixo custo por considerar indebida a esixencia de 20 euros polas maletas dos traxectos de ida e volta entre Bilbao e París. O Xulgado do Mercantil nº 1 de Bilbao, en sentenza do 29 de xaneiro do 2009, desestimou a súa reclamación considerando que a lei non fora vulnerada. Argumentou que a compañía oferta un prezo máis vantaxoso ao pasaxeiro que se compromete a non levar máis ca equipaxe de man. Negou tamén que se producise un abuso porque o demandante coñecía, antes de contratar, os termos das distintas tarifas. Cada pasaxeiro, engade, escolle a tarifa que prefire e non se impide, que é o que a lei veda, que o viaxeiro non poida levar a súa equipaxe persoal e facturala na adega.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI