Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A plataforma vibradora adquirida a domicilio non funciona e a empresa non se fai cargo

Adquirín unha plataforma vibradora ao prezo de 978 euros nunha empresa de venda a domicilio. Montámola e non funcionaba. Dixéronnos que nos cambiarían a base. Fixérono, pero seguía sen funcionar. Dende aquela levo intentando que ma cambien ou que me dean unha solución. Chamo e pasan minutos de espera e logo un teleoperador pasa a chamada a unha encargada, outra espera de novo e finalmente ela prométeche que cha vai cambiar e que te chama en dez minutos... e así cada día. Finalmente pido que me devolvan os cartos e dinme que había un prazo no cal eu podía facelo. O problema é que cos cambios pasaron todos os prazos de devolucións, de selar garantías... e aquí ninguén se responsabiliza de nada. Que podo facer?

  A persoa afectada pode solicitar a substitución da plataforma por outra nova ou a resolución do contrato, devolvendo a plataforma e reclamando a devolución do prezo pagado. Para iso recoméndase enviarlle un burofax certificado ao vendedor, indicando que o produto é defectuoso de orixe e que non funciona a pesar de que se substituíu a base. Convén alegar ao respecto tanto o incumprimento de contrato por parte do vendedor (plataforma non funcional, incumprimentos informativos respecto ao dereito e prazos para desistir) como a garantía.

A plataforma goza dunha garantía de dous anos, por lei, a contar dende a data de entrega. Durante os primeiros seis meses presúmese que todos os defectos son de orixe e o consumidor ten dereito a solicitar a reparación, a substitución ou a resolución do contrato con devolución do prezo completo. Para facer valer os dereitos da garantía non é requisito imprescindible ter selado un documento de garantía, senón que abonda coa factura de compra, da que dispón. Tamén pode acudir a unha Oficina de Consumo para que tramiten a súa reclamación e o asesoren directamente.

En caso de que non atendan as súas reclamacións escritas (non telefónicas), a persoa afectada pode recorrer ao xuízo verbal civil. Como a demanda sería por contía superior a 900 euros, precisará contratar avogado e procurador, aínda que, se prefire prescindir destes profesionais do dereito, pode facelo, renunciando na súa papeleta de demanda (atopará formularios no Xulgado do seu domicilio) ás cantidades que excedan de 900 euros.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto