Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Adquire billetes de avión nunha web e o prezo final é maior ca o ofertado

Merquei nunha páxina web billetes de avión para tres persoas. Na pantalla indicábame un prezo de ida e volta no que se incluían todas as taxas e outros impostos ou cargos. Cal foi a miña sorpresa cando ao pasar á seguinte páxina me indica un prezo máis caro. Enviei un correo electrónico esixindo que me respectasen o prezo e recoñecéronme o erro, aínda que finalmente tiven que pagar máis. Podo reclamar?

  A Lei de consumidores di que a oferta, promoción e publicidade dos bens ou servizos se axustarán á súa natureza, características, utilidade ou finalidade e ás condicións xurídicas ou económicas da contratación. Engade que tanto o contido da oferta, promoción ou publicidade como as prestacións propias de cada ben ou servizo, as condicións xurídicas ou económicas e as garantías ofrecidas serán esixibles polos consumidores e usuarios, aínda cando non figuren expresamente no contrato celebrado ou no documento ou comprobante recibido, e deberán terse en conta na determinación do principio de conformidade co contrato.

O mesmo é aplicable á oferta por Internet. A persoa afectada, malia que non puido prestar e comunicar o seu consentimento á oferta a través da web por un erro desta, si enviou un correo reclamando a venda nas condicións ofertadas ao inicio, polo que cabería entender que prestou e comunicou o seu consentimento á oferta inicial. Como finalmente o contrato foi máis caro, non sería conforme ao contido da oferta e habería incumprimento do vendedor, salvo que a oferta estivese condicionada a un prazo de validez. Un erro, como o alegado pola vendedora, non invalidaría a oferta.

A persoa afectada pode acudir aos Servizos de Consumo do seu concello ou provincia, solicitando que respecten os prezos ofertados e, xa que logo, a devolución do aboado de máis. A seguinte vía de reclamación sería a xudicial, para a que, caso de ser a reclamación inferior a 900 euros, non precisaría nin avogado nin procurador.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto