Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
- A limpeza e a seguridade, o mellor destas instalacións.
- O abandono dun animal pódelle custar ao seu dono ata 210 euros e a adopción, 85 euros.
- Atopáronse grandes diferenzas entre unhas cidades e outras.
- Só en catro centros dos 18 visitados recoñecen sacrificar os animais.
O 40% dos animais que se abandonaron no 2008 nas 15 cidades que lle proporcionaron datos a esta revista atopou un novo fogar. A maior proporción dáse en Vitoria, onde o 91% dos animais abandonados foi adoptado por unha nova familia; en Valladolid, un 80%; e en Barcelona son tres de cada catro animais. Agora ben, estas proporcións son significativamente menores noutros lugares como Málaga e Murcia, onde se adopta só un de cada cinco mascotas abandonadas.
En tres de cada catro dos centros municipais pídese que a persoa que vaia adoptar teña un mínimo de 18 anos (unha condición que non se esixe nos albergues visitados na Coruña, Málaga, San Sebastián, Cádiz e Granada). A sinatura dun contrato onde figuran as obrigas e coidados que require ter un animal na casa así como unha licenza previa para animais catalogados como perigosos son os outros dous trámites administrativos que se seguen na maioría de adopcións de mascotas.
No 100% dos casos entrégase o animal convenientemente desparasitado, vacínase en dous de cada tres centros (non así en Valladolid, Sevilla, Alacante, Oviedo, Granada e Córdoba) e na mesma proporción colócaselle o microchip (non se fai en Valladolid, Sevilla, Alacante, Granada, Córdoba e Vitoria). A adopción non é gratuíta. Só se atoparon dous centros nos que levar un animal non custa nada: os de Murcia e Valladolid. Nas outras cidades, hai que pagar a instalación do microchip (se é que é obrigatorio e non o leva) e os servizos veterinarios que se realizaran (vacinación, esterilización, desparasitación, etc.). As tarifas, polo tanto, poden variar.
Os técnicos desta revista valoraron, tras a súa visita, a información e o trato dispensado polo persoal que os atendeu no centro de protección animal e mais a impresión acerca de como se atopan os animais alí acollidos. Traducido en notas, a media nacional da información facilitada tanto dende os Concellos como nos propios centros queda nun 'aceptable', aínda que foi moi boa en Madrid e Barcelona e boa na Coruña, Bilbao, Murcia, San Sebastián, Sevilla, Vitoria e Valencia. Os que peor información ofreceron foron os albergues de Alacante, Cádiz e Granada ('mal'), tanto pola nula información facilitada por parte do concello como polas escasas explicacións dadas polos traballadores do centro durante a visita dos técnicos, que se facían pasar por cidadáns interesados en adoptar unha mascota.
Adoptar ou, no seu caso, mercar un animal de compañía implica a asunción dunha responsabilidade. Unha mascota non é un boneco, senón un ser vivo que pasa a estar ao noso cargo e que precisa unha serie de atencións. Por iso, antes de levar un animal á casa, convén responder a varios interrogantes que poden axudar a tomar unha decisión atinada:
| CIDADE | Infraestruturas do centro1 | Servizos e coidados aos animais2 | Limpeza e mantemento instalacións3 |
|---|---|---|---|
| A Coruña | Aceptable | Ben | Moi ben |
| Alacante | Ben | Aceptable | Moi ben |
| Barcelona | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Bilbao | Ben | Moi ben | Mal |
| Cádiz-Rota | Ben | Ben | Ben |
| Córdoba | Aceptable | Regular | Mal |
| Granada | Aceptable | Aceptable | Moi ben |
| Madrid | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Málaga | Aceptable | Regular | Moi ben |
| Murcia | Ben | Aceptable | Ben |
| Oviedo | Ben | Regular | Mal |
| Pamplona | Ben | Aceptable | Aceptable |
| San Sebastián | Moi ben | Ben | Moi ben |
| Sevilla | Ben | Ben | Moi ben |
| Valencia | Ben | Aceptable | Moi ben |
| Valladolid | Aceptable | Aceptable | Moi ben |
| Vitoria | Aceptable | Ben | Ben |
| Zaragoza | Ben | Aceptable | Moi ben |
| Media | Ben | Aceptable | Ben |
| CIDADE | Seguridade das instalacións 4 | Información facilitada5 | Valoración global |
|---|---|---|---|
| A Coruña | Mal | Ben | Regular |
| Alacante | Aceptable | Mal | Aceptable |
| Barcelona | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Bilbao | Aceptable | Ben | Regular |
| Cádiz-Rota | Ben | Mal | Aceptable |
| Córdoba | Ben | Aceptable | Regular |
| Granada | Ben | Mal | Aceptable |
| Madrid | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Málaga | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
| Murcia | Ben | Ben | Ben |
| Oviedo | Mal | Aceptable | Regular |
| Pamplona | Ben | Aceptable | Aceptable |
| San Sebastián | Moi ben | Ben | Moi ben |
| Sevilla | Moi ben | Ben | Ben |
| Valencia | Moi ben | Ben | Ben |
| Valladolid | Moi ben | Aceptable | Aceptable |
| Vitoria | Ben | Ben | Ben |
| Zaragoza | Moi ben | Aceptable | Ben |
| Media | Ben | Aceptable | Aceptable |
1. Infraestruturas do centro: avaliouse a dotación de habitáculos e gaiolas do centro, o horario de atención ao público, se o centro recibe razas perigosas e se conviven co resto de animais do recinto, se dispoñen de zona exterior para o paseo ou o exercicio dos animais ou se ten sala veterinaria.
2. Servizos e coidados aos animais: trátase dun dos apartados máis importantes; nel tomáronse en conta os controis sanitarios que realizan, a frecuencia na alimentación das mascotas, se as gaiolas eran amplas ou os animais non se atopaban atados e mais a dotación de persoal ao cargo destes animais domésticos abandonados.
3. Limpeza e mantemento: comprobouse a limpeza de habitáculos e zonas comúns (así como a súa frecuencia), amais da temperatura, luminosidade, amplitude e mantemento do centro de protección de animais abandonados.
4. Seguridade das instalacións: os técnicos da revista comprobaron se o centro tiña un valado correcto, se había cámaras de seguridade, vixiantes durante a noite, así como todo tipo de medidas para a extinción de incendios.
5. Información facilitada: tívose en conta a información e axuda facilitada tanto polo Concello como polos responsables do propio centro. Amais do interese e disposición dos empregados desta instalación en amosar a zona (os técnicos da revista acudiron como cidadáns interesados en adoptar unha mascota).
| Cidade | Animais recollidos no 2008 | Evolución animais recollidos 2007-2008 | Animais recollidos por día no 2008 | Animais abandonados no 2008 |
|---|---|---|---|---|
| A Coruña | 899 | -3,95% | 2,46 | 788 |
| Alacante | Non facilitado | Non facilitado | Non facilitado | Non facilitado |
| Barcelona | 2.103 | 10,35% | 5,76 | 1.522 |
| Bilbao | 851 |
| 2,33 | 707 |
| Cádiz(1) | Non facilitado | Non facilitado | Non facilitado | Non facilitado |
| Córdoba | 4.392 | -8,40% | 12,03 | 4.125 |
| Granada | Non facilitado | Non facilitado | Non facilitado | Non facilitado |
| Madrid | 5.222 | -10% (perros) 14,6% (gatos) | 14,31 | 4.119 |
| Málaga | 3.004 | 18,38% | 8,23 | 3.004 |
| Murcia | 4.979 | -8% | 13,64 | 3.126 |
| Oviedo(1) | 1.150 | 5% | 3,15 | 1.150 |
| Pamplona(1) | 592 | 0% | 1,62 | 536 |
| San Sebastián(1) | 748 | 1,90% | 2,05 | 748 |
| Sevilla | 1.740 | 20% | 4,77 | 1.919 |
| Valencia | 3.388 | -9,60% | 9,28 | 3.240 |
| Valladolid | 816 | 0,80% | 2,24 | 506 |
| Vitoria(1) | 1.599 | 1% | 4,38 | 1.599 |
| Zaragoza | 1.628 | -0,70% | 4,46 | 1.302 |
| TOTAL | 33.111 | - | 90,72 | 28.391 |
| Cidade | Animais abandonados no 2008 por día | Animais adoptados no 2008 | % de adopción no 2008 (2) |
|---|---|---|---|
| A Coruña | 2,16 | 267 | 34% |
| Alacante | Non facilitado | Non facilitado | Non facilitado |
| Barcelona | 4,17 | 1.141 | 75% |
| Bilbao | 1,94 | 416 | 59% |
| Cádiz(1) | Non facilitado | Non facilitado | Non facilitado |
| Córdoba | 11,30 | 1.473 | 36% |
| Granada | Non facilitado | Non facilitado | Non facilitado |
| Madrid | 11,28 | 1.481 | 36% |
| Málaga | 8,23 | 574 | 19% |
| Murcia | 8,56 | 631 | 20% |
| Oviedo(1) | 3,15 | 340 | 30% |
| Pamplona(1) | 1,47 | 121 | 23% |
| San Sebastián(1) | 2,05 | 493 | 66% |
| Sevilla | 5,26 | 938 | 49% |
| Valencia | 8,88 | 1.091 | 34% |
| Valladolid | 1,39 | 406 | 80% |
| Vitoria(1) | 4,38 | 1.461 | 91% |
| Zaragoza | 3,57 | 587 | 45% |
| TOTAL | 77,78 | 11.420 | 40% |
1. Os centros de Oviedo, Cádiz, San Sebastián e Vitoria danlle servizo a toda a provincia e o de Pamplona, á Mancomunidade de Pamplona.
2. Porcentaxe de adopcións: a proporción de adopcións en relación ao número de abandonos.
| Cidades | Prezo polo abandono do animal no refuxio |
|---|---|
| A Coruña | 49,06 euros (inclúe recollida, transporte e, se cómpre, incineración) |
| Alacante | Non facilitado |
| Barcelona | Non é posible abandonalo no refuxio |
| Bilbao | Entre 74,95 e 142,65 euros (cans) e entre 64,25 e 107 euros (gatos) |
| Cádiz | Non facilitado |
| Córdoba | Gratuíto |
| Granada | Non facilitado |
| Madrid | 32,75 euros |
| Málaga | Gratuíto |
| Murcia | Gratuíto |
| Oviedo | Gratuíto |
| Pamplona | 50 euros |
| San Sebastián | 210 euros (aínda que se o dono non pode pagalo, admítese igual o animal) |
| Sevilla | Gratuíto |
| Valencia | Non é posible abandonalo no refuxio |
| Valladolid | Gratuíto |
| Vitoria | 86,70 euros (adulto) e 24,77 euros (cachorro) |
| Zaragoza | Gratuíto (de se pedir a eutanasia, 17,95 euros) |
| Cidades | Prezo por adoptar un animal |
|---|---|
| A Coruña | 52,57 euros (identificación, vacina e desparasitación) |
| Alacante | Non facilitado |
| Barcelona | 30 euros (identificación e servizos sanitarios) |
| Bilbao | Gratuíto |
| Cádiz | Non facilitado |
| Córdoba | 18 euros (microchip e desparasitación) |
| Granada | Non facilitado |
| Madrid | 24 euros (microchip e vacina) |
| Málaga | 41,71 euros (identificación e vacinación antirrábica) |
| Murcia | Gratuíto |
| Oviedo | 45 euros aproximadamente (microchip e vacinas) |
| Pamplona | 10 euros (taxa por adoptar o animal) |
| San Sebastián | 85 euros (cans: microchip+vacina+esterilización); 65 euros (gatos: só esterilizar) |
| Sevilla | 36,78 euros (microchip, vacina e cartilla) |
| Valencia | 40 euros |
| Valladolid | Gratuíto |
| Vitoria | 24,99 euros (microchip) |
| Zaragoza | Segundo os servizos veterinarios |
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI