Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Biomasa forestal: menos incendios e máis enerxía

A limpeza dos bosques non só prevén incendios. Tamén serve para xerar enerxía. As pólas caídas, matogueiras e maleza transfórmanse en biomasa forestal que, co proceso axeitado, pode producir electricidade dun xeito sostible e ecolóxico. Este verán púxose en marcha a primeira central de transformación de biomasa forestal en España, situada na localidade de Corduente, na provincia de Guadalaxara, moi preto dunha zona asolada por un grande incendio no 2006. Do mesmo xeito ca a enerxía eólica, solar, xeotérmica, fotovoltaica, hidroeléctrica e mareomotora, a procedente da biomasa forestal supón o aproveitamento dun recurso natural alternativo que crea enerxía de emisión neutra de CO2. Non obstante, o seu alcance está moi lonxe de poderlle facer sombra ao reinado dos combustibles fósiles e nucleares, de inmediato máis competitivos e eficaces.

  
Ruben García Blázquez

Leña, ramaxe e follaxe

Entre as causas dos incendios forestais destaca a acumulación de materia orgánica -biomasa- das zonas forestais de alta inflamabilidade, sobre todo no verán, cando o bosque chega a perder ata a metade da súa humidade. O abandono do pastoreo e da recollida tradicional de leña levou á acumulación e ao excedente de materia vexetal morta, que aviva o lume en caso de incendio. A central de enerxía de biomasa forestal atende este problema. Ademais, permite o aproveitamento da materia forestal que sufriu os efectos do lume. De outubro a marzo duascentas persoas recollen 26.000 toneladas de residuos forestais que alimentan a planta todo o ano. Leña, ramaxe e follaxe de distintas especies presentes nas áreas de abastecemento envíanse á planta para a súa utilización.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

O gas do vapor

Coa materia prima e cun proceso de gasificación conséguese xerar a enerxía eléctrica necesaria para o abastecemento dunha poboación de 14.000 habitantes. O proceso consiste na utilización do gas combustible xerado nunha turbina onde se recupera a calor dos gases de saída para producir vapor con alto rendemento. A caldeira aliméntase de modo automático con biomasa mediante un sistema de fitas transportadoras dende un almacenamento cuberto, que dispón dun piso móbil para ila desprazando segundo o ritmo de consumo necesario en cada momento. A biomasa selecciónase a través do peneirado e da detección de materiais férricos, que permite rexeitar aquela fracción do combustible non apta para a combustión

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Do vapor á enerxía mecánica

O combustible, a biomasa forestal, introdúcese a través dun sistema de grella móbil. A caldeira de vapor produce a enerxía térmica necesaria para quentar a auga que circula por esta e obter vapor sobrequecido. O vapor chega a unha turbina e faina xirar, producindo enerxía mecánica. Un condensador que arrefría o vapor logra que este mova a turbina a máis velocidade e que dea xerado máis enerxía. Os gases da combustión atravesan a caldeira cedéndolle a súa enerxía á auga que circula por tubos axitados en diferentes pasos. Tras o seu paso, sométese a un proceso de limpeza e depuración co que se consegue que o nivel de emisións de partículas se axuste á lexislación vixente. A transformación da enerxía mecánica en enerxía eléctrica realízase mediante un alternador adaptado á turbina.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Baixo control: o proceso e o futuro, sen incendios

Todos os procesos están informatizados e monitorizados. O sistema de control dispón un sincronizador para cada xerador e transformador de entrada e saída que dirixe a subministración de tensión, que ha de lograr a medida de 11 quilovatios, enerxía coa que entra na rede xeral. A proximidade á materia prima, as boas comunicacións e a existencia das liñas adecuadas para transportar a electricidade suman a súa competitividade. Na planta tamén se levan a cabo estudos sobre a evolución da calidade do material almacenado, sobre o aproveitamento das cinzas procedentes da combustión da biomasa para o seu uso agrícola e sobre a incidencia na redución de incendios. A enerxía de biomasa forestal é en definitiva unha actividade que convive coa supervivencia do bosque do que se serve. Pero ao que tamén serve.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar


Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto