Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Varias persoas adquiriron unha vivenda e tiveron que pagar 230 euros por taxas do dereito de enganche das acometidas de auga e da rede de saneamento, xa que así o establecía o contrato. Unha vez pagado, acudiron a xuízo por considerar a cláusula abusiva. A sección primeira da Audiencia Provincial de Asturias, en sentenza do 5 de xuño do 2008, deulles a razón. Declarou nula a cláusula porque a taxa do enganche de auga potable e saneamento se integra no contido da prestación do vendedor convida a cambio dun prezo xa establecido no mesmo contrato. Polo tanto, a inclusión dunha cláusula que impón un prezo extra por unha taxa necesaria para que a vivenda sexa habitable é contraria á lei. Por iso, condenou o vendedor a devolver as cantidades e ao pagamento das costas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI