Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
A un cidadán subtraéronlle a súa tarxeta de crédito nos vestiarios do seu club deportivo. Ese mesmo día, así que se decatou da subtracción, denunciou o roubo e deu a orde de bloqueo da tarxeta. Non obstante, xa se realizaran compras coa súa tarxeta por importe de case 4.000 euros. Demandou o Banco para recuperar os cartos, pero este opúxose alegando a falta de dilixencia do consumidor ao non utilizar a caixa de seguridade nin os armarios do club para depositar os seus obxectos persoais. Pero o usuario gañou o xuízo. A sentenza, ditada pola sección 11 da Audiencia Provincial de Madrid o 22 de maio do 2008, non constatou neglixencia ningunha no usuario por non utilizar a caixa de seguridade para o depósito das súas pertenzas normais, nin tampouco por non as depositar no armario cando o probado era que as súas pertenzas se atopaban dentro do recinto do club no lugar habilitado para iso, os vestiarios. Por iso, condenou o banco a lle aboar ao consumidor a suma de tres mil novecentos quince euros, máis xuros e custas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI