Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Lectores de libros electrónicos: Despega a tinta electrónica

A crecente demanda de lectores de libros electrónicos augura unha revolución no xeito en que accederei ás novelas e aos libros de texto

  Hai non demasiado tempo os melómanos comezaron a observar con melancolía as súas extensas coleccións de discos. Interiorizaban a certeza de que estaban destinadas a desapareceren coa chegada do formato MP3 e dos aparellos portátiles capaces de reproducilo. Aqueles andeis cheos de vinilos e discos compactos íanse ver axiña condensados en reprodutores como o iPod. Alí cabía a música toda.

Os bibliófilos tamén podían presentir que cedo ou tarde as súas bibliotecas pasarían polo aro da dixitalización. Daquela xa comezaban a destacar diversas iniciativas centradas na dixitalización das obras libres de dereitos de autor, como o Proxecto Gutenberg, para ofrecelas gratuitamente na Rede. Uns anos máis tarde presentouse a iniciativa Google Print, pola que o buscador se propuxo dixitalizar 15 millóns de libros en 10 anos.

Un cambio longamente agardado

A diferenza do acontecido coa música, o cambio de formato no mundo das letras está a tardar máis do previsto. Se ben a calidade dunha canción apenas mingua do CD ao MP3, aínda resulta moito máis cómodo ler sobre papel que sobre pantallas convencionais (no móbil ou no ordenador). Pero a chegada dos primeiros lectores de "tinta electrónica", liderados polo dispositivo Kindle de Amazon (o que para moitos será aos libros electrónicos o que o iPod aos reprodutores dixitais de música), comeza a rachar boa parte dos prexuízos e reticencias.

Un libro electrónico non deixa de ser un ordenador barato, dun tamaño semellante a un libro fino e pequeno, pero que non ten unha pantalla convencional, senón unha de 'tinta electrónica', que non cansa a vista e que apenas se parece a unha convencional. As pantallas LCD dos ordenadores emiten luz e ofrecen pouca definición porque a imaxe se está xerando continuamente: tanto ten que esteamos a ver un vídeo ou a lerun documento, sempre se están a rexenerar decenas de veces por segundo. As pantallas de "tinta electrónica" están compostas de multitude de bólas dunha cor por cada lado que xiran en función da imaxe que queiran amosar (como un mosaico nas bancadas dun estadio). Así, a imaxe é estática ata que pasemos a folla, o que redunda nunha vista máis descansada e nun consumo ínfimo de batería (só gasta cando pasa a folla, é dicir, cando cambia a orientación das bólas).Un libro electrónico pode funcionar semanas sen necesidade de recargar electricidade.

O negocio de Kindle

  O resultado final son aparellos como Kindle, que comercializa o xigante do comercio on line Amazon (299 dólares, uns 215 euros); Papyre, que vende a empresa española Grammata (299 euros); Reader de Sony (entre 350 e 500 euros segundo modelos) ou iRex Iliad (550 euros). Teñen o aspecto, o peso e as dimensións dun libro de tamaño medio, pero son pequenos ordenadores planos cunha pantalla e cuns poucos botóns para manexala. Estes e outros dispositivos comercializados ao gran público xeraron nos Estados Unidos e nos países do norte de Europa un grande apetito pola literatura electrónica.

De súpeto, a demanda de versións dixitais dos libros que se atopan nas librerías disparouse, para sorpresa das editoriais que posúen os seus dereitos. No mundo editorial anglosaxón a resposta foi rápida e acordouse un modelo de negocio pechado no que se vende o lector Kindle coa condición de que se compren os libros só pola canle oficial e con sistemas anticopia. Con posterioridade, Amazon e os demais fabricantes de lectores reparten beneficios coas editoriais segundo o volume de vendas. É un modelo calcado ao que Apple aplica ao seu reprodutor de música iPod e á súa tenda iTunes Music Store.

O principal inconveniente: reduce as alternativas de compra de libros fóra dos servizos indicados. A gran vantaxe é que serviu para diminuír as suspicacias das editoriais e para lograr que aceptase dixitalizar os seus libros. Sen eles, de pouco serven os aparatos lectores. Así, a oferta en inglés de libros electrónicos é ampla e actual, aínda que se botan de menos multitude de títulos clásicos. Tamén Google está intentando entrar no negocio apoiándose no lector de Sony e ofrecendo o seu propio catálogo de obras, chamado Google Libros.

No ámbito editorial hispano, non obstante, os cambios prodúcense moito máis devagar e as reticencias continúan imperando. Os fabricantes do Papyre están chegando a acordos con editoriais españolas, segundo declararon nunha entrevista en xuño deste ano a CONSUMER EROSKI, pero a oferta segue a ser pobre polo de agora, aínda que a demanda crece día a día.

O cambio promete ser un 'boom', como o foi o da música dixital, pero do mesmo xeito promete traer moitos problemas de dereitos de autor e de control da difusión de contidos. Nestes intres xa circulan por redes como as do Emule ou Bittorrent centos de milleiros de libros compartindo espazo coas cancións, as películas e as series.

Algunhas tendas de libros electrónicos

  • Bubok (www.bubok.com) é un servizo web que permite tanto a edición como a venda de libros electrónicos. Conta cun catálogo pequeno polo momento, pero con algún autor interesante como Alberto Vázquez Figueroa, de quen ofrece case todas as súas obras. O prezo anda arredor dos 1,20 euros pola descarga en formato PDF.
  • Mi elibro (www.mielibro.com) é outra plataforma que permite tanto a compra de libros dixitais como da súa versión en papel. Dispón dun catálogo máis amplo ca Bubok pero tamén limitado. O prezo dos seus títulos rolda os seis euros e descárganse en formato PDF con sistemas anticopia.
  • O proxecto Gutenberg (www.gutenberg.org) ten unha vocación pública, pódese colaborar libremente e finánciase coas achegas dos seus usuarios. O seu obxectivo é dixitalizar a totalidade das obras escritas que se atopan baixo o dominio público para distribuílas gratuitamente. En lingua castelá ofrece unha recompilación de títulos que inclúen a Pérez Galdós, os clásicos do Século de Ouro, co Quixote á cabeza, ou a obra de Blasco Ibáñez.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto