Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
A dotación é boa e a cualificación dos coidadores é satisfactoria As prazas nas garderías públicas seguen a ser insuficientes
Os pais demandan información sobre o comportamento e a evolución dos nenos durante as súas primeiras etapas de aprendizaxe. Con todo, só un 6% dos centros visitados facilitan informes escritos con carácter mensual (hai catro anos, esa porcentaxe ascendía ata un 20% das gardarías). O 44,5% afirma facilitar información oral todos os días (hai catro anos a proporción era dun 64%) e un 2,4% (un 7% no anterior informe) admite que esta comunicación unicamente se realiza cando son os pais os que solicitan ese encontro cos responsables do centro para coñecer a evolución do seu fillo. Ademais, a participación dos pais de forma activa nas decisións que se toman na escola e que lles afectan aos seus fillos resulta máis ben nula ou moi escasa en seis de cada dez escolas infantís.
Os nenos poden comer no 93% das gardarías visitadas. En canto ás alerxias, os centros recomendan que os nenos que contraten o servizo de comedor e sexan alérxicos a algún tipo de alimento leven a súa propia comida naquelas ocasións en que o menú do centro non se adapte ás súas necesidades. Por iso, tamén é importante que os proxenitores coñezan o menú destinado aos seus fillos.
As escolas infantís consideran que o tempo da comida é tamén unha oportunidade para educar os nenos sobre a adquisición de correctos hábitos de alimentación, autonomía e relación. Algúns centros implican os pais neste proceso, de xeito que poden colaborar na creación dos menús.
O que non é tan habitual é que estes pequenos alumnos merenden (en dous de cada dez non o fan) ou almorcen no caso de que os seus pais os leven á gardaría antes de que comece o horario do centro (nun 66% dos 164 centros visitadas ofrécese esta opción). Estes dous últimos servizos son máis comúns nos centros de titularidade privada ca nos de fondos públicos.
| Provincia | Titularidade | Nenos de 0 a 1 ano por educador | Nenos de 1 a 2 anos por educador | Nenos de 2 a 3 anos por educador |
|---|---|---|---|---|
| A Coruña | Pública | 5,9 | 11,4 | 10,3 |
| Privada | 8,7 | 12 | 20 | |
| Álava | Pública | 4 | 7 | 9,8 |
| Privada | 6,5 | 8,3 | 13,4 | |
| Alacant | Pública | 8,8 | 11,3 | 15,3 |
| Privada | 5,3 | 8,7 | 11,2 | |
| Asturias | Pública | 4,3 | 6,5 | 10,9 |
| Privada | 7 | 9,8 | 9,5 | |
| Barcelona | Pública | 6 | 8,1 | 10,3 |
| Privada | 6,8 | 10,9 | 9,5 | |
| Córdoba | Pública | 6 | 10 | 13,1 |
| Privada | 7,3 | 13,3 | 14,9 | |
| Granada | Pública | 5,8 | 11 | 12,8 |
| Privada | 8 | 7,8 | 11 | |
| Guipúscoa | Pública | 5,6 | 6,4 | - |
| Privada | 8 | 8,3 | 10,3 | |
| A Rioxa | Pública | 4,6 | 7 | 11,5 |
| Privada | 6,3 | 10,1 | 11,9 | |
| Madrid | Pública | 5 | 7,9 | 12,7 |
| Privada | 6,6 | 9,9 | 14,2 | |
| Málaga | Pública | 8,7 | 10,3 | 13 |
| Privada | 7 | 12,5 | 16,7 | |
| Murcia | Pública | 8,3 | 11,2 | 15,4 |
| Privada | 8 | 13 | 11,3 | |
| Navarra | Pública | 7 | 7,8 | 9,3 |
| Privada | 4,7 | 5,5 | 18,5 | |
| Sevilla | Pública | 6 | 10,5 | 13,3 |
| Privada | 7,3 | 11,5 | 16 | |
| Valencia | Pública | 5,6 | 10,1 | 11,8 |
| Privada | 5,4 | 9,3 | 15 | |
| Valladolid | Pública | 7,3 | 9,5 | 11 |
| Privada | 8 | 9,8 | 11,7 | |
| Biscaia | Pública | 6,3 | 6,6 | - |
| Privada | 7,4 | 9,6 | 10,5 | |
| Zaragoza | Pública | 7,6 | 6 | 12,7 |
| Privada | 7 | 8,5 | 18 | |
| Media | Pública | 6,3 | 9 | 12 |
| Privada | 6,9 | 9,8 | 12,1 |
| Prezo da matrícula | Prezo máximo | Prezo mínimo | Prezo mensual do servizo de comedor | Prezo máximo | Prezo mínimo | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | 168 | 220 | 100 | 125 | 150 | 100 |
| Álava | 215 | 320 | 130 | 93 | 110 | 65 |
| Alacant | 146 | 210 | 55 | 128 | 147 | 114 |
| Asturias | 65 | 80 | 60 | 83 | 85 | 80 |
| Barcelona | 173 | 214 | 100 | 164 | 205 | 130 |
| Córdoba | 130 | 150 | 120 | 98 | - | - |
| Granada | 127 | 190 | 70 | 101 | 105 | 97 |
| Guipúscoa | 126 | 275 | 35 | 135 | 135 | 135 |
| A Rioxa | 114 | 150 | 100 | 110 | 110 | 110 |
| Madrid | 157 | 250 | 38 | 166 | 212 | 120 |
| Málaga | 8 | 175 | 30 | 87 | 100 | 60 |
| Murcia | 99 | 125 | 50 | 92 | 132 | 56 |
| Navarra | 93 | 100 | 80 | 81 | 100 | 70 |
| Sevilla | 108 | 125 | 80 | 97 | 165 | 50 |
| Valencia | 124 | 170 | 90 | 119 | 130 | 90 |
| Valladolid | 108 | 155 | 75 | 110 | 120 | 100 |
| Biscaia | 105 | 150 | 80 | 130 | 130 | 130 |
| Zaragoza | 88 | 120 | 50 | 93 | 120 | 65 |
| Media | 127 | 112 |
| PPrezo mensual por xornada completa | Prezo máximo | Prezo mínimo | Prezo mensual por servizo de horario ampliado | Prezo máximo | Prezo mínimo | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | 246 | 340 | 195 | - | - | - |
| Álava | 356 | 395 | 270 | 34 | 34 | 34 |
| Alacant | 327 | 414 | 224 | 42 | 50 | 34 |
| Asturias | 367 | 420 | 333 | 20 | 20 | 20 |
| Barcelona | 413 | 465 | 370 | 49 | 51 | 45 |
| Córdoba | 191 | 273 | 140 | - | - | - |
| Granada | 289 | 348 | 230 | 18 | 18 | 18 |
| Guipúscoa | 304 | 362 | 250 | - | - | - |
| A Rioxa | 389 | 420 | 360 | - | - | - |
| Madrid | 375 | 415 | 340 | 30 | 30 | 30 |
| Málaga | 286 | 310 | 265 | 30 | 30 | 30 |
| Murcia | 264 | 338 | 132 | 31 | 40 | 23 |
| Navarra | 368 | 420 | 330 | - | - | - |
| Sevilla | 287 | 410 | 170 | 60 | 60 | 15 |
| Valencia | 280 | 335 | 180 | 60 | 60 | 30 |
| Valladolid | 299 | 340 | 270 | 30 | 30 | 30 |
| Biscaia | 265 | 295 | 250 | - | - | - |
| Zaragoza | 230 | 270 | 130 | 50 | 50 | 27 |
| Media | 310 | 60 |
| Titularidade | Media de nenos por escola | Nenos por educador | Nenos de 0 a 1 ano por educador | Nenos de 1 a 2 anos por educador | Nenos de 2 a 3 anos por educador |
|---|---|---|---|---|---|
| Públicas | 75 | 8,1 | 6,3 | 9 | 12 |
| Privadas | 52 | 8,4 | 6,9 | 9,8 | 12,01 |
| Media | 65 | 8,3 | 6,7 | 9,4 | 12 |
| Con servizo de comedor | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Titularidade | Propio | Cátering | Aceptan nenos que non gatean | Aceptan nenos con necesidades educativas especiais | Horario flexible á entrada e á saída | Dispón de escola de pais |
| Públicas | 70,4% | 23,5% | 89% | 96% | 25% | 36,1% |
| Privadas | 61,8% | 32,4% | 90% | 88% | 69% | 44,9% |
| Media | 65,8% | 28,6% | 90% | 93% | 48% | 40,2% |
| Titularidade | Tamaño en metros cadrados das aulas | Aulas con luz natural | Ventilación adecuada nas aulas | Aulas con aseos e cambiadores | Aulas amplas | Aseos para o persoal con ducha | Con xardín ou patio (ou os dous) |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Públicas | 43 | 98,8% | 98,8% | 83,1% | 97,6% | 95,2% | 95% |
| Privadas | 35 | 92,8% | 94,2% | 75,4% | 81,2% | 81,2% | 77% |
| Media | 40 | 95,7% | 96,9% | 80,5% | 89,6 | 87,8% | 87% |
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI