Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Escolas infantís e gardarías: analizados 164 centros privados e públicos en 18 provincias españolas: A calidade xeral dos xardíns de infancia e das escolas infantís é boa, en especial nos centros públicos

A dotación é boa e a cualificación dos coidadores é satisfactoria As prazas nas garderías públicas seguen a ser insuficientes

  "Aínda non buscastes gardaría?". A inquietude invade os pais novatos cando, tras o nacemento da criatura, comproban que as felicitacións e os parabéns de familiares e amigos veñen acompañados dun insistente interese por un servizo que os desprevidos proxenitores daban por suposto. Con todo, a carencia de prazas continúa caracterizando a oferta de xardíns de infancia e de escolas infantís no noso país, en especial a dos centros xestionados polas administracións públicas. Case un millón oitocentos mil nenos de ata 6 anos, franxa de idade na que a escolarización é voluntaria, acudiron no curso 2008-2009 a algunha das 6.843 escolas infantís ou gardarías rexistradas en España. Un 67% foron atendidos nun centro de titularidade pública e o resto tivo que matricularse nun privado ou concertado, en moitos casos logo de comprobar que a gardaría pública que lles correspondía colgara o cartel de completo. CONSUMER EROSKI, logo de analizar 164 escolas infantís (83 públicas, 69 privadas e 12 concertadas) de 18 provincias, constatou que o problema das gardarías e escolas infantís non é de calidade, senón de cantidade. A oferta de centros de titularidade pública non cobre a demanda, deficiencia que apenas mellorou. Nun estudo semellante elaborado por esta revista en 2005 a situación era moi parecida. Esta carencia adquire relevancia por dúas razóns: as escolas infantís públicas son máis baratas e, en liñas xerais, son mellores ca as privadas, cuxo nivel, con todo, é satisfactorio.

As tarifas das gardarías públicas son diferentes en cada caso e dependen dos baremos que se apliquen, moi vinculados aos ingresos e á situación da familia. Nas privadas, o prezo medio dos centros analizados por unha xornada completa (oito horas) que inclúe comida e merenda é de 310 euros ao mes (un 22% máis ca os 254 euros do estudo de 2005). Con todo, as diferenzas son notables (atopáronse mensualidades inferiores a 200 euros e cotas superiores aos 400 euros). Esta disparidade mantense entre as 18 provincias estudadas (dos 410 euros de media que esixen en Barcelona ata os 200 euros -aínda non- ao mes de Córdoba) e dentro da mesma provincia: en Murcia, Sevilla e Alacant 240 euros mensuais separan a gardaría privada máis cara e a máis accesible fronte aos 45 euros de Biscaia ou os 60 euros da Rioxa.

Pagar máis non sempre significa recibir un mellor servizo. Os centros públicos contan, de media, con máis coidadores por neno nos tres grupos de idade estudados (nenos de ata un ano, de entre un e dous anos, e de entre dous e tres anos) e tamén dispón en maior proporción de patio ou xardín propio. Con todo, os horarios dos centros privados son, en xeral, máis flexibles e ofrecen a posibilidade de que os nenos poidan quedar ata dúas horas máis do horario oficial, que é de oito horas. O 96% das gardarías infantís públicas (proporción idéntica á de 2005) aceptan matricular a nenos con necesidades educativas especiais, mentres que só o 88% das privadas contempla esa posibilidade (a pesar de todo, mellorou respecto ao 81% de 2005). No que coinciden tanto centros públicos coma privados é na idoneidade do perfil profesional dos seus coidadores (Maxisterio na especialidade de Educación Infantil, Técnico Especialista en Xardín de Infancia ou Técnico Superior en Educación Infantil).

As 164 escolas infantís avaliadas (83 públicas, 69 privadas e 12 concertadas) sitúanse na Coruña, Áraba, Alacant, Asturias, Barcelona, Córdoba, Granada, Guipúscoa, A Rioxa, Madrid, Málaga, Murcia, Navarra, Sevilla, Valencia, Valladolid, Biscaia e Zaragoza. Técnicos da revista, facéndose pasar por pais e nais que buscaban gardarías para os seus fillos, visitaron os 164 centros e completaron a información obtida nestas visitas con chamadas telefónicas realizadas previamente aos responsables das gardarías (algunhas escolas infantís de titularidade pública non puideron visitarse sen o permiso dos directores dos centros ou das propias institucións públicas, polo que tiveron que identificarse como colaboradores da revista).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto