Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Oito cócktails de froitos secos analizados: Graxas saudables pero moi calóricas

Os cócktails de froitos secos son interesantes pola súa graxa saudable, as súas abundantes proteínas e fibra, pero resultan moi calóricos e algúns teñen demasiado sal: mellor un consumo moderado e ocasional

8 cócktails de froitos secos, un a un

Son Sánchez Fritos, "fritos"

 
  • Bolsa de 500 gramos. Sae a 4,14 euros/quilo, o máis barato. Mellor relación calidade-prezo.
  • Ingredientes (pesados en laboratorio): cacahuetes (53%), fabas (14%), millo (23%), garavanzos (9,5%), ademais de graxa vexetal, aceite vexetal e sal. Carece de froitos secos caros, como améndoas, abelás ou pistachos.
  • Etiquetaxe incorrecta, a denominación de venda ("fritos") non é conforme a norma.
  • Un dos máis proteicos (o 22% do produto é proteína). En fibra, a pesar do seu alto contido (6,5%), non destaca. Achega 533 calorías cada cen gramos, tamén ao redor da media dos outros sete produtos analizados.
  • O perfil da súa graxa (un 23%, saturada) non é tan saudable coma o doutros produtos aquí comparados, que teñen en torno ao 16% de saturados e mesmo menos. Sal: o 1%, moito menos ca os tres máis salgados e máis ca outros, pero aceptable.
  • Na cata, con 6,5 puntos, foi un dos favoritos. Gusta por "aparencia", "sabor" e polos seus ingredientes. Recibiu críticas polos seus cacahuetes con pel. Os catadores indicaron que, de poder facelo, engadirían abelás e uvas pasas a este produto. E quitarían ou reducirían os garavanzos.

Facundo, "cocktail de frutos secos"

 
  • Bolsa de 200 gramos. Sae a 8,54 euros/quilo.
  • Ingredientes (pesados en laboratorio): millo (35%), cacahuete repelado (23%), pipas de xirasol peladas (23%), cacahuete pelado (19%), ademais de aceite vexetal e sal. Pouca variedade, e ausencia de froitos secos caros, como améndoas, abelás ou pistachos.
  • Dos de máis graxa (o 46% do produto) e proteína (21%) e un dos máis enerxéticos (589 calorías cada cen gramos, cando outros non chegan ás 490 calorías). Sal: o 0,8%, un dos que menos (hainos que superan o 3%, cando se estima que a partir do 1,5% de sal un alimento xa é demasiado salgado para a saúde).
  • Na cata obtén 6,7 puntos e foi un dos favoritos. Gustou polos seus ingredientes e polo seu "sabor" pero recibiu críticas por conter "demasiadas pipas". Os catadores indicaron que, de poder facelo, engadirían abelás a este produto. E quitarían ou reducirían as pipas.

Son Sánchez Mezcla, "mezcla"

 
  • Bolsa de 500 gramos. Sae a 7,49 euros/quilo.
  • Ingredientes (pesados en laboratorio): cacahuetes pelados (63%), garavanzos (12%), améndoas (9%), abelás (8,5%), pistachos (7%). Ademais, fariña de arroz e sal.
  • Etiquetaxe incorrecta. A denominación de venda ("mezcla") non é conforme a norma. É un dos máis salgados (3,35% de sal, duplica o contido a partir do cal se considera que un alimento é demasiado salgado, o 1,5%).
  • Dos de máis graxa (el 49%), o máis proteico (25%) e un dos máis enerxéticos (587 calorías cada cen gramos, cando nesta comparación varios teñen menos de 490 calorías). O de maior contido en minerais (cinzas: 5,8%).
  • Na cata logra 6 puntos e queda nunha posición intermedia en preferencias dos consumidores. Gusta polos seus ingredientes e non é criticado por ningún dos parámetros. Os catadores indicaron que, de poder facelo, engadirían millo e uvas pasas a este produto. E quitarían ou reducirían os garavanzos.

Eagle, "cócktail exótico"

 
  • Bolsa de 100 gramos. Sae a 14,56 euros/quilo, un dos dous máis caros, ambos a enorme distancia dos demais. A pesar do seu elevado prezo, unha opción interesante.
  • Ingredientes (pesados en laboratorio): abelás (30,5%), papaia desecada (20%), pasas sen semente (19%), améndoa (18%), pasas golden sen sementes (10,5%), piñóns (2%), ademais de aceite de xirasol e sal. Contén, e en abundancia, froitos secos e ingredientes caros.
  • Etiquetaxe incorrecta, a denominación de venda ("cócktail exótico") non é conforme a norma.
  • O de graxa con perfil máis saudable (os insaturados representan o 92% da graxa), o de máis azucres (24%, polas pasas e a papaia desecada) e o menos proteico (11%). Alto contido en fibra (6,5%), pero non destaca. Apenas contén sal (0,05%) e é un dos menos enerxéticos (484 calorías cada cen gramos). Un dos dous de menor contido en minerais (cinzas: 2,4%).
  • Na cata consegue 6 puntos e foi un dos favoritos. Gustou polo seu sabor e non resultou criticado por ningún dos parámetros. Os catadores indicaron que, de poder facelo, engadirían cacahuetes a este produto. E quitarían (...)

Eagle, "Musik selected nuts"

 
  • Lata de 275 gramos. Sae a 15,18 euros/quilo, o máis caro, a enorme distancia de todos os demais excepto un da súa mesma marca.
  • Ingredientes (pesados en laboratorio): cacahuetes repelados (32%), anacardios (19%), améndoas (14%), abelás (14%), noces de macadamia (12%), noces pacana (9%). Contén, en abundancia, froitos secos caros.
  • Etiquetaxe incorrecta, a denominación de venda, que ademais está en inglés ("selected nuts") non é conforme a norma.
  • No seu composición, destaca polo seu abundante proteína (23%) e fibra (10%, o que máis). Pero tamén é o de máis graxa (59%) e o máis enerxético (637 calorías cada cen gramos). Sal (1%), na media.
  • Na cata logra 7 puntos, figura entre os favoritos e foi o mellor valorado. Gusta polos seus ingredientes e "polo seu sabor" e non é criticado por ningún dos parámetros. Os catadores indicaron que, de poder facelo, engadirían millo e uvas pasas a este produto. E quitarían ou reducirían os cacahuetes.

Mistercorn Mix5, "cocktail de frutos secos y snacks"

 
  • Bolsa de 130 gramos. Sae a 7,51 euros o quilo.
  • Ingredientes (pesados en laboratorio): cacahuetes pelados (34%), millo (33%), garavanzos (15%), aceite de xirasol, pasas (8%), ademais de sal, aroma, fariñas de trigo e arroz, aditivos potenciadores de sabor E-621 e E-635, fermento inactivo e azucre. Carece de froitos secos caros, como améndoas, abelás ou pistachos. E é o único con aditivos saborizantes, prescindibles nun produto de calidade.
  • O de máis carbohidratos (49%), e o único que engade azucre, pero tamén un dos de menos graxa (25%) e menos enerxéticos (477 calorías cada cen gramos).
  • O único cuxo estado hixiénico se comprobou mellorable: aínda que non entraña risco para o consumidor, o reconto de mofos e fermentos foi significativamente superior ao dos demais produtos. Un dos dous de menor contido en minerais (cinzas: 2,5%).
  • Na cata obtén 6,7 puntos e foi un dos favoritos. Gusta polo seu sabor pero recibiu críticas polos seus ingredientes. Os catadores indicaron que, de poder facelo, aumentarían a cantidade de uvas pasas neste produto. E quitarían ou reducirían o millo e os garavanzos.

Borges, "mezcla surtido"

 
  • Bolsa de 250 gramos. Sae a 4,90 euros/quilo, un dos máis baratos.
  • Ingredientes (pesados en laboratorio): millo fritido e salgado (45%), pipas de xirasol torradas e salgadas (25%), cacahuete casca Brasil torrado e salgado (13%), garavanzos torrados (10%), fabas fritidas e salgadas (6,5%), ademais de aceite e/ou graxa vexetal, sal, fariña e antioxidante E-320. Un dos dous que usan aditivos.
  • Etiquetaxe incorrecta, a denominación de venda ("mezcla surtido") non é conforme a norma.
  • O de graxa menos saudable (o 28% é saturada, cando na maioría representa entre o 16% e o 8%) e un dos tres demasiado salgados (3,5% de sal, duplica sobradamente o contido de sal a partir do cal se considera que un alimento é excesivamente salgado, o 1,5%).
  • Na cata, con só 5,2 puntos, foi un dos menos preferidos. Eloxiouse o seu "sabor" pero recibiu críticas polos ingredientes e polos froitos secos sen pelar. Os catadores indicaron que aumentarían a cantidade de cacahuetes neste produto.

Plis Plas, "popurri"

 
  • Bolsa de 170 gramos. Sae a 4,41 euros/quilo, o segundo máis barato.
  • Ingredientes (pesados en laboratorio): millo (26%), pipas de xirasol (26%), cacahuetes (21%), fabas (11%), garavanzos (9%), anacardios (4%), pipas de cabaza (2%), cacahuetes con casca (1%) e pasas sen semente (0,1%).
  • Ademais, sal, aceite vexetal e antioxidante E-312. Carece de froitos secos caros, como améndoas, abelás ou pistachos. Atopáronse en cantidade ínfima, (un único froito), ingredientes non declarados: anacardio e pasa. Pode deberse a unha contaminación accidental na elaboración.
  • Etiquetaxe incorrecta. A denominación de venda ("popurrí") non é conforme a norma. Ademais, a listaxe de ingredientes é confusa.
  • O máis salgado (4% de sal), duplica sobradamente o contido a partir do cal un alimento é demasiado salgado, o 1,5%. Ademais, un dos de graxa menos saudable (o 25%, saturada, cando na maioría representa entre o 16% e o 8%).
  • Na cata obtén 5,6 puntos e foi un dos menos preferidos. Gustou polo "seu sabor" e polos ingredientes, e recibió criticas polas pipas sen pelar. Os catadores indicaron que aumentarían (...)

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto