Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha consumidora cambiou un pantalón nun comercio. Elixiu outro modelo, máis barato, e recibiu un vale pola diferenza de prezo, 59 euros, válido nos establecementos da cadea. Tempo despois quixo utilizalo, pero a tenda negouse por caducar o vale. Por iso, a clienta demandou á cadea solicitando a devolución en efectivo dos 59 euros ou a validez do vale. E gañou o xuízo. A sección 13 da Audiencia Provincial de Barcelona, en sentenza do 9 de outubro do 2008, condenou a cadea a devolver os cartos máis os xuros legais tras negar a validez do establecemento dun prazo de caducidade do que non se lle informara e, polo tanto, non aceptara a consumidora.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI