Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Propóñenlle substituír a lavalouza avariada ante a ausencia da peza necesaria, pero supón un gasto que non pode asumir

Merquei unha lavalouza hai tres anos e avariouse. A peza que habería que cambiar non está dispoñible e propóñenme mercar o modelo novo. Aseguran que me farían un desconto, pero aínda así non estou para gastos. Podo facer algo?

  O Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias, di no seu artigo 127, sobre reparación e servizos posvenda, que nos produtos de natureza duradeira, como o é unha lavalouza, o consumidor e usuario terá dereito a un axeitado servizo técnico e á existencia de repostos durante o prazo mínimo de cinco anos a partir da data en que o produto deixe de fabricarse. A Lei de ordenación do comercio polo miúdo do ano 1996 di que o produtor, ou, no seu defecto, o importador, garantirá fronte aos compradores a existencia dun axeitado servizo técnico para os bens de carácter duradeiro que fabrica ou importa e mais a subministración de pezas de reposto durante un prazo mínimo de cinco anos que contan dende a data en que o produto deixe de fabricarse. Esta obriga recae sobre o produtor ou, no seu caso, importador, quedando, en principio, o vendedor á marxe desta responsabilidade.

A persoa afectada, tras comprobar que non transcorreron os cinco anos dende que o modelo deixou de fabricarse, pódese dirixir ao fabricante por escrito certificado para solicitar a reparación mediante a substitución da peza. Solicite atención urxente pola necesidade do electrodoméstico. No caso de que non lle poidan proporcionar a peza para a reparación pode optar por chegar a un acordo negociando o desconto ou acudir aos Tribunais para reclamar perdas e danos e, ademais, aos Servizos de Consumo do seu concello ou provincia para que valoren se se produciu unha infracción administrativa en consumo.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto