Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A comunidade de veciños quere actuar contra un inquilino que causa problemas de convivencia

Vivo nunha comunidade de propietarios e hai meses alugóuselle un piso a un home que está a causar problemas de convivencia, que fai ruído a altas horas da noite, que pon a música moi alta, que guinda lixo ao patio... Pódese facer algo?

  A Lei de arrendamentos urbanos de 1994 atribúelle ao propietario a facultade de se dirixir, xudicialmente, contra o inquilino por actividades molestas ou por danos causados no inmoble ou a terceiros. E a Lei de propiedade horizontal di no seu artigo 7.2 que ao propietario e ao ocupante do piso ou local non lles está permitido desenvolver nel ou no resto do inmoble actividades prohibidas nos estatutos, que resulten daniñas para o terreo ou que contraveñan as disposicións xerais sobre actividades molestas, insalubres, nocivas, perigosas ou ilícitas. O presidente da comunidade, a iniciativa propia ou de calquera dos propietarios ou ocupantes, requiriralle a quen realice as actividades prohibidas o seu cesamento inmediato.

Por iso, recoméndase comunicarlle por burofax certificado con xustificante de recepción ou por conduto notarial ao inquilino o cesamento inmediato das actividades molestas, incómodas, antihixiénicas, insalubres... baixo apercibimento de iniciar as accións xudiciais procedentes. Este requirimento débeo realizar o presidente da comunidade. Se o inquilino persiste na súa conduta, de novo o presidente, logo de autorización en acta de Xunta de propietarios convocada para ese efecto, poderá comezar contra el a acción xudicial correspondente. Unha futura demanda deberá ir acompañada da proba do requirimento e da certificación do acordo da Xunta de propietarios. Xa que logo, é conveniente cumprir as formalidades legais na convocatoria da Xunta, orde do día, citacións... Se se precisa, pódese acudir a un avogado. Amais de lle solicitar ao xuíz que ordene o cesamento das actividades molestas e inspiracións sonoras, tamén poden reclamar a privación do dereito ao uso da vivenda por tempo non superior a tres anos, en función da gravidade da infracción e dos prexuízos ocasionados á comunidade e/ou que se declaren extinguidos definitivamente todos os seus dereitos relativos á vivenda arrendada e mais o seu inmediato lanzamento.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto