Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Non dispor dun seguro de viaxe que cubra unha cancelación ou o extravío das maletas xera unha perda económica, pero non contar cunha póliza que cubra os gastos médicos pode carrexar serios problemas en función do destino elixido
Os axustes chegan tamén ás vacacións. Malia a folgura non desexada de miles de petos, convén non se precipitar nos recortes de gastos en aparencia prescindibles. Unha das tentacións pode ser renunciar ao seguro de viaxe. Mais facerlle un oco na maleta ou na mochila é unha boa idea cando se viaxa a destinos exóticos ou afastados nos que a asistencia sanitaria ou unha obrigada prolongación da estancia poden saír moi caras. Este ano, ademais, problemas como a gripe A incrementan o interese por este tipo de seguros. Pero, cales son eses destinos cara aos que convén desprazarse cunha boa póliza? Que debe ofrecer un bo seguro para resultar útil?
As coberturas máis valoradas destes produtos por parte dos clientes resúmense en tres: a asistencia sanitaria, a perda de equipaxes e a indemnización por cancelación da viaxe. Dende hai uns anos incrementouse a demanda de seguros exclusivos de anulación, principalmente en servizos aéreos, xa que o viaxeiro é consciente de que unha vez emitido o billete (salvo tarifas especiais) os seus cartos non lle serán devoltos se non pode viaxar. Pero estes seguros de cancelación non son útiles cando se viaxa ao estranxeiro. Neste caso, convén contratar un seguro de viaxe completo (non só de anulación) que inclúa tamén as devanditas coberturas de asistencia sanitaria e perda de equipaxe. Ademais, os seguros de viaxe integrais conteñen outra serie de prestacións, como indemnización por gastos que teña que realizar o viaxeiro para mercar artigos de primeira necesidade ante atrasos na viaxe; indemnizacións por demora, gastos de repatriación por enfermidade, accidente ou falecemento durante a viaxe, xestión para anular as súas tarxetas perdidas ou roubadas e ata servizos de intérpretes.
De media, os seguros que se ofertan en España cobren arredor dos 600 euros por equipaxe, uns 60 euros para cubrir gastos para a compra de artigos de primeira necesidade, outros 60 euros por gastos como os de substitución de documentos de viaxe por perda, roubo ou apertura e reparación da caixa de seguridade por perder a chave. No que atinxe ás demoras, as aseguradoras pagan uns 90 euros por hora de atraso na partida da viaxe, ata un máximo de 300 euros. Se non se pode viaxar por overbóoking, a indemnización alcanzaría os 90 euros. Por falecemento, a cobertura é de 6.000 euros e a repatriación por enfermidade grave tamén está cuberta; os gastos correspondentes son ilimitados e correrían a cargo da aseguradora.
Se ben todas as prestacións anteriores son útiles e necesarias, a cobertura máis valorada é, con moito, a asistencia sanitaria. En principio, o extravío da maleta ten o mesmo custo para o usuario (se non dispón de seguro), independentemente do destino elixido: repoñer a roupa e outros obxectos persoais correrá ao seu cargo e dependerá do propio usuario. Pola súa banda, a cancelación da viaxe pode supor, como moito, a perda dos cartos que se lle adiantaran á entidade. Non obstante, non contar cunha póliza que cubra os gastos médicos pode orixinar, amais dun importante trastorno económico, un agravamento do problema de saúde físico que se contraese e mesmo desequilibrios psicolóxicos.
A factura en asistencia sanitaria pode ser moi diferente en función da localización elixida. Se se viaxa por España, este seguro non é imprescindible, xa que o noso sistema da Seguridade Social corre con todos os gastos derivados dun posible accidente ou enfermidade. Non obstante, en Europa e, sobre todo, fóra do noso continente, son moitos os países que non contan cun sistema sanitario público e o viaxeiro é o responsable de pagar a atención recibida, as consultas e mais os tratamentos. Esta circunstancia explica que, se de media só un 20% dos viaxeiros subscriben un seguro, a porcentaxe elévase ao 60% se o destino elixido é un lugar fóra de España.
Ao contar o noso país coa Seguridade Social, a cobertura sanitaria e os seguros de viaxe para cubrir unhas vacacións por España son máis baratos que se se viaxa fóra das nosas fronteiras. Polo xeral, un seguro de viaxe completo para cubrir unha estancia en España parte dos 25 euros. A cobertura sanitaria inclúe gastos de urxencia e de traslado, xa que calquera outro gasto médico importante é atendido pola sanidade pública. Os límites de gasto na cobertura sanitaria móvense entre os 1.500 euros e os 2.000 euros.
Son numerosas as preguntas que se fan os viaxeiros cando precisan asistencia médica fóra do seu país de orixe. Velaquí as máis importantes resumidas:
Se se contratou un seguro de viaxe e nalgún momento da estancia se necesita recorrer a el, hai que solicitar en primeiro lugar asistencia por teléfono. Con este fin, o turista debe recorrer aos números telefónicos proporcionados pola aseguradora (ou pola axencia de viaxes na que se contratara o paquete das vacacións). O habitual é que o cliente dispoña de dous teléfonos: un español e outro internacional aos que pode chamar a cobramento revertido (o custo pagarao a aseguradora). Para tramitar os servizos solicitados, o usuario deberá indicar o seu nome, número de póliza, o lugar, o número de teléfono onde se atopa e a descrición do problema. A asistencia telefónica préstase as 24 horas do día durante todos os días do ano.
Neste caso o cliente deberá aboar os gastos e, xa de volta no seu país de orixe, mediante o comprobante das facturas, a aseguradora correspondente faralle efectivo o reembolso de todos os gastos ata o límite que indique a súa póliza.
As reclamacións relativas a equipaxes, accidentes, demoras ou responsabilidade civil deben realizarse ao regreso da viaxe. Hai que dirixirse á dirección da compañía de seguros.
Ante unha situación de sinistro, o asegurado deberá redactar un escrito no que consten detallados polo miúdo os feitos acontecidos. Non se debe aceptar, negociar ou rexeitar ningunha reclamación sen a expresa autorización da compañía de seguros.
Polo xeral, non. A cobertura de repatriación sanitaria e a de repatriación funeraria son ilimitadas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI