Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Obra social de entidades financeiras: analizada a dotación a iniciativas sociais de 21 caixas de aforro e de cinco bancos españois: As grandes caixas reforzan os seus fondos de reserva a custa da Obra Social

·As caixas de aforro españolas destinan dez veces máis cartos a iniciativas sociais ca os bancos.
·A porcentaxe de beneficios para obra social das dúas grandes caixas reduciuse drasticamente nos cinco últimos anos.
·Os cartos dedicados ao apartado sanitario-asistencial medrou un 63% en detrimento do ámbito cultural e de tempo libre

Proxectos máis salientables e táboas comparativas

O fin da Obra Social das caixas de aforro é responder ás demandas cidadás. As necesidades asistenciais gañan protagonismo cando se multiplican as familias que contan con menos recursos. Este comportamento trasládase tamén á distribución dos recursos para fins sociais destas entidades. No 2008, a organización de actividades para colectivos sociais con dificultades de inserción social, os programas de cooperación ao desenvolvemento, a axuda á terceira idade ou o financiamento de infraestruturas sanitarias acapararon boa parte dos recursos dispoñibles.

Este é o caso do Instituto Oncolóxico de San Sebastián, iniciativa sufragada pola Kutxa e que representou a metade do seu orzamento anual para Obra Social (41 millóns de euros); os case sete millóns de euros outorgados por La Caixa a xeito de bolsas para a inserción laboral de internos de centros penitenciarios; outros dous millóns cos que a Caja de Ahorros de Navarra (CAN) cobre os gastos do Colexio Isterria, un centro de educación especial, ou a cifra de 1,3 millóns de euros coa que Caja Vital financia o programa "Vitalquiler" co que se ofrece unha bolsa de pisos de alugueiro subvencionados para xente nova. A cultura tamén se beneficiou dos fondos da obra social das caixas. Estes cartos destínanse á creación e mantemento de salas, museos, espazos polivalentes, bibliotecas, ao apoio de representacións musicais e teatrais e mais á organización de congresos, seminarios ou exposicións. Entre as iniciativas das caixas estudadas, sobresae, polo éxito obtido, a exposición "Sorolla. Visión de España", patrocinada por Bancaja, con paradas en Sevilla, Bilbao, Málaga, Valencia e Madrid e cunha afluencia de público de case un millón de visitantes. Velaquí outras iniciativas de interese: o Festival Internacional de cinema de Huesca, a cargo de CAI, ou o II Premio Logroño de Novela, dotado con 90.000 euros e organizado por Caja Rioja en colaboración co Concello da cidade e coa Editorial Anaya.

Educación-investigación e conservación do patrimonio e do medio natural foron os dous epígrafes que obtiveron as proporcións máis reducidas en relación ao orzamento total de Obra Social das entidades de aforro. Esta tendencia non impide que sobresaian proxectos como os 12,2 millóns de euros destinados polo BBVA para a educación de 50.000 nenos en América Latina, o desembolso de 800.000 euros como parte das Bolsas Caja España (para universitarios, alumnos de formación profesional ou aprendizaxe de idiomas), os máis de tres millóns de euros para a restauración do Antigo Real Conservatorio María Cristina de Málaga por parte de Unicaja ou o programa "CAM Auga", baseado en accións de sensibilización e formación dirixida á comunidade escolar para o uso e xestión sostible da auga.

TÁBOA COMPARATIVA

Investimento en gasto social das entidades financeiras e a relación co beneficio obtido
Entidade Gasto en Obra Social no 2008 (millóns euros) Porcentaxe destinada a Obra Social sobre o beneficio do 2007 Beneficios obtidos no 2007 (millóns euros)
Caixa Galicia 84* 42,40% 198
Caja Rioja 8 42,10% 19
Kutxa 81 37,50% 216
Caja Sur 29* 36,20% 80
Caixanova 63 35,40% 178
Caja Vital 25 35,20% 71
CAN 51 30,30% 168
Caja Duero 34 29,60% 115
CAI 25 29,00% 86
BBK 82 26,70% 307
Bancaja 84 22,80% 369
Caja Murcia 39 22,40% 174
Caja Espa-a 33* 22,30% 148
Ibercaja 60* 22,10% 271
Unicaja 68* 20,80% 327
Caja Cantabria 11 19,60% 56
La Caixa 465* 18,70% 2488
Cajastur 31* 17,60% 176
Caixa Catalunya 82 16,80% 487
CAM 49* 12,70% 386
Caja Madrid 250 8,70% 2861
Banco Popular 20 1,9%** 1052**
BBVA 85* 1,7%** 5020**
BSCH 126 1,40% 9060
Bankinter Non facilitado Non facilitado 252**
Banco Sabadell Non facilitado Non facilitado 674**

Fonte: memorias anuais das entidades

* Con gastos de amortización.

** Beneficio do 2008 e porcentaxe en relación a ese beneficio.

Comparativa do gasto social de caixas de aforro e bancos no 2003 e no 2008 en relación aos beneficios obtidos
Entidade Porcentaxe destinada á Obra Social no 2004 Porcentaxe destinada á Obra Social no 2008 Investimento en Obra Social no 2003 (millóns de euros) Investimento en Obra Social no 2008 (millóns de euros)
La Caixa 37,6% 18,7% 177 465***
Caja Madrid 26,9% 8,7% 136 250
Caja Cantabria 32% 19,6% 7 11
CAM 23,1% 12,7% 39 49***
Cajastur 23,7% 17,6% 23 31***
Caja Murcia 28,4% 22,4% 22 39
BBK 30% 26,7% 57 82
CAN 32,9% 30,3% 22 51
Banco Popular 4,3%** 1,9%** 22 20
BSCH 2,7% 1,4% 71 126
Ibercaja 23,3% 22,1% 39 60***
BBVA 1,5%** 1,7%** 34 85***
Caja Duero 28,8% 29,6% 20 34
Unicaja 19% 20,8% 33 68***
Caja Rioja 39,6% 42,1% 5 8
Caja Vital 26% 35,2% 12 25
Caixa Galicia 31% 42,4% 52 84***
Kutxa 21% 37,5% 34 81
Banco Sabadell 1% Non facilitado 2 Non facilitado
Bankinter Non facilitado Non facilitado Non facilitado Non facilitado

Fonte: memorias anuais das entidades. Tivéronse en conta só as 20 entidades que participaron no informe do 2004. No 2009 engadíronse no informe seis novas caixas de aforro, co que a mostra subiu a 26.

** Porcentaxe en relación ao beneficio do mesmo ano.

*** Con gastos de amortización.

Distribución do investimento social das entidades financeiras
Entidade Atención Social e Sanitaria Educación e Investigación Cultura e Tempo Libre Patrimonio Histórico-Artístico e Medio Natural Outros
Caixa Galicia 24% 22% 36% 18% 0%
Caja Rioja 15,5% 16,6% 64% 4% 0%
Kutxa 57% 19% 19,5% 4,5% 0%
Caja Sur 32,66% 12,31% 44,39% 10,63% 0%
Caixanova 24,25% 19,65% 51,94% *** 5%
Caja Vital 20% 11% 45% 24% 0%
CAN 48,49% 12,2% 24,3% 14,56% 0%
Caja Duero 34% 8% 52% 6% 0%
CAI 14,8% 23% 44,8% 6,3% 11%
BBK 50% 18% 30% 1,53% 0%
Bancaja 28,89% 28,6% 40,85% 1,5% 0%
Caja Murcia Non facilitado Non facilitado Non facilitado Non facilitado Non facilitado
Caja Espa-a 26,86% 20,72% 34,82% 17,60% 0%
Ibercaja 28,5% 24,36% 28% 14,28% 5%
Unicaja 30,4% 15,6% 49,4% 4,5% 0%
Caja Cantabria 50% *** 40% 10% 0%
La Caixa 64% 7% 15% 14% 0%
Cajastur 51% 13% 36% *** 0%
Caixa Catalunya 43% 2% 15,20% 9% 31%
CAM 37% *** 27% 36% 0%
Caja Madrid 60% 23% 17% *** 0%
Banco Popular 62,85% 20,6% 5,55% *** 11%
BBVA 48% 34% 9% 9% 0%
BSCH Non facilitado Non facilitado Non facilitado Non facilitado Non facilitado
Bankinter Non facilitado Non facilitado Non facilitado Non facilitado Non facilitado
Banco Sabadell Non facilitado Non facilitado Non facilitado Non facilitado Non facilitado

Fonte: Memorias anuais das entidades financeiras.

*** Incluído noutro apartado ou non existe un apartado con esta denominación.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto