Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EN IMAXES: As abellas, produtoras de mel e de biodiversidade

O número de abellas diminúe no noso planeta, un descenso que, lonxe de ser irrelevante, supón un importante problema. Alén do seu labor produtor de mel, néctar, propóleo e cera, os insectos melíferos son os principais polinizadores dos cultivos. Da súa supervivencia dependen as árbores froiteiras , as verduras e os pasteiros.

  
Ruben García Blázquez

A Raíña e os abázcaros aseguran a especie

A eficacia coa que manteñen o ecosistema é o fiel reflexo da orde coa que viven e traballan nunha colmea milleiros de obreiras e abázcaros. E unha raíña. Todas as abellas nacen dun ovo real depositado nun alvéolo. Se este foi fecundado serán femias, é dicir, abellas obreiras; se non o foi, machos ou abázcaros. E se, xa fecundado, se alimenta durante toda a súa metamorfose con xelea real nun alvéolo maior (coñecido como realeira) nacerá raíña. Unha colmea pode contar con varias realeiras, pero só pode sobrevivir unha das súas ocupantes, polo que a primeira misión das raíñas é matar as outras larvas reais. Despois, emprende o voo nupcial para se deixar fecundar por unha ducia de abázcaros aos que decapita. Completa de esperma, a raíña impregnará coa súa feromona a colmea que enxamea como fogar, do que non volverá saír e no que durante cinco anos producirá, nos momentos de maior posta, ata 2.000 ovos ao día. Creará a súa propia familia de centos de abázcaros e de milleiros de obreiras.

  
Ruben García Blázquez

As obreiras, traballo sen descanso durante as súas sete semanas de vida

As abellas obreiras, que poden chegar a ser 70.000 en cada colmea, non descansan nas súas escasas sete semanas de vida (existencia que se pode prolongar ata os cinco meses no inverno, o período con menor actividade). Os primeiros catro días encárganse da limpeza das celas; ata o décimo día ceban as larvas con xelea real, pole e mel, e con dúas semanas exercen de almacenistas do pole ata que o seu abdome madura e dan producido a cera que destinan a reconstruír os favos. Compatibilizan esta función coa de gardiás que escorrentan os abázcaros ou outros insectos co seu aguillón. Cando aos 22 días se tornan abellas adultas, dignas de seren unha Apis melífica, saen a colleitar. Voarán de flor en flor deica finaren.

  
Ruben García Blázquez

Un voo dobremente fértil e unha linguaxe propia

En plena floración, as abellas saen e volven polo menos dez veces á súa colmea, que recoñecen polo cheiro específico da súa raíña. As abellas caracterízanse pola súa linguaxe, codificada e precisa, que expresan mediante o "baile". Se localizaron algunha fonte de alimento, cando retornan á colmea executan unha danza que se coñece como baile do oito, pola traxectoria que segue a abella. Con este movemento, acompañado da vibración do madeiro, indican a dirección e a distancia da fonte de alimento. Esta dobre misión consiste en recoller néctar para alimentar as larvas, pero tamén serve para transportar as substancias que fan posible a procreación das especies silvestres e a biodiversidade vexetal. Grazas ao seu voo polinizador, as flores de plantas e árbores fecúndanse, e, en consecuencia, nacen froitos e sementes. Ambas as dúas funcións son coñecidas polo home dende hai milleiros de anos. Os antigos exipcios xa criaban abellas.

  
Ruben García Blázquez

A apicultura, unha ciencia milenaria exemplo de sostibilidade

As abellas son un gando de cría. Os apicultores son, xa que logo, gandeiros que atenden as súas cabanas, pero tamén son labregos que obteñen o mel. Noutrora, para acadaren o froito víanse obrigados a fragmentar os favos, pero en 1841 o apicultor Lorenzo Lorraine Langstroth descubriu que as abellas marcaban un espazo de seis milímetros entre os favos de cera, o que o levou a patentar a colmea de cadros móbiles, que permite extraer o mel sen romper o ciclo de vida. Ata tal punto é así que a regra é: non extraer mel ata asegurarse de que a colonia non o vai precisar no inverno, e extraer só os excedentes das necesidades das colonias. A razón non é xenerosa, é sostible: se as abellas non teñen as provisións necesarias para pasaren o inverno, antes de morrer, emigrarán.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Sinxelamente, mel

O principal fluxo de mel prodúcese a comezos e a mediados do verán. Para a súa extracción, retíranse os cadros e cepíllanse para desprender as abellas. O seguinte paso consiste en eliminar os opérculos -tapadeiras- de cera que cobren os favos, favos que se centrifugan para sacar o mel. O mel extraído fíltrase eliminando as impurezas. E así, sinxelamente, o produto está listo para envasar.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

E propóleo, cera e pole

O propóleo é a substancia resinosa coa que as abellas tapan os buratos da colmea para se goreceren do frío invernal. Esta función remata coa chegada da calor e convértese en alimento que favorece as defensas do organismo. O pole, que se lles 'rouba' ás abellas -como máximo dous quilos por tempada- coando unha trapela na entrada da colmea que impide que a abella o introduza, ten propiedades medicinais, pero tamén o utiliza o apicultor se o inverno se alonga e precisa alimentar o gando. A cera (procedente dos opérculos e dos favos vellos) non é unha produción vexetal, senón unha secreción voluntaria, sempre excesiva, das abellas, que se recolle despois de extraer o mel.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto