Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Sete xeados, catro de chocolate e tres de stracciatella: Poderían ser máis saudables: achegan moitas calorías e graxa saturada

Son nutritivos, saborosos e refrescantes pero, por mor do seu contido en graxa e azucres, resultan máis caloríficos ca outras sobremesas lácteas. E a súa graxa é maioritariamente saturada, a menos saudable

Un a un, 4 xeados de chocolate e 3 de stracciatella

La Lechera

 
  • "Xeado de chocolate con anacos de chocolate con leite (3%) e cachiños de chocolate amargo"
  • Envase de 900 gramos, sae a 3,35 euros/ litro, o máis barato, e con moita diferenza.
  • A mellor relación calidade-prezo de todo o comparativo.
  • Ingredientes: Leite desnatado, xarope de glicosa, azucre, soro de leite en po, cacao magro (5%), graxa vexetal, nata fresca, pasta de cacao, manteiga de cacao, inulina, leite en po, emulxentes (mono e diglicéridos de ácidos graxos, ésteres de propano -1,2-, diol de ácidos graxos), aroma, estabilizadores (goma garrofín, goma guar), frutosa, manteiga.
  • Alegacións nutricionais: "Menos graxa".
  • Etiquetaxe: a declaración "Menos graxa" é aceptable, porque a redución de graxa (polo específico proceso de elaboración deste fabricante) fronte aos demais xeados de chocolate é superior ao 30%: ten só un 7,3% de graxa, fronte ao 12% de dous dos outros tres xeados e ao 20% do restante.
  • É o menos enerxético (208 calorías cada cen gramos, fronte ás 230, 265 e 317 calorías/100 g dos outros tres de chocolate).
  • Na cata acada 7,1 puntos e foi un dos preferidos entre os de chocolate. Gusta pola súa "cor", "sabor" e "anacos" e non é criticado en ningún dos parámetros.

Carte D´Or

 
  • "Xeado de sabor chocolate con salsa sabor chocolate (16%) e brownies (4%)"
  • Envase de 480 gramos, sae a 6,55 euros/litro.
  • Ingredientes: Leite desnatado en po rehidratado, azucre, xarope de glicosa-frutosa, graxa vexetal, cacao en po desgraxado, lactosa e proteínas de leite, chocolate, cacao en po, leite desnatado en po, fariña de trigo, manteiga, ovo, azucre moreno, emulxente (E471), estabilizadores (E401, E410), fariña de millo, fibra de trigo, aroma, conservador (E202), maltodextrina, sal axente gasificante (E500).
  • É un dos máis graxos (11,8% de graxa). Entre os de chocolate, é o de maior proporción de graxa saturada (83%), o que, xunto co seu grande contido en graxa total, fai que a cantidade final de graxa saturada (case 10 g/100 g de xeado), sexa superior á do resto (agás Häagen Dazs: 13 g/100 g).
  • Entre os que engaden azucres, é o menos azucrado (20,5%), se ben por non moito (o que máis, ten o 25,5% de azucre). O único deste comparativo que utiliza aditivos conservantes. Contén ovo: os alérxicos a esta substancia débense abster de consumilo.
  • Na cata acada 6,8 puntos e foi un dos preferidos: gusta pola súa "cor" e "sabor" e non recibiu críticas en ningún dos parámetros.

Ben & Jerry´s

 
  • "Xeado de chocolate con anacos de auténtico brownie de chocolate"
  • Envase de 450 gramos e único mercado a granel nunha xeadería. Sae a 11,80 euros/litro, o segundo máis caro.
  • Ingredientes: O envase non indica ingredientes; é admisible, ao se mercar a granel.
  • Un dos máis graxos (12% de graxa) e enerxéticos (265 calorías cada cen gramos), pero á súa vez un dos de menor proporción de graxa saturada (case o 72%), se ben a cantidade final de graxa saturada (case 9 g/100 g) é superior á maioría por mor da súa abundante graxa total. Entre os de chocolate, é o de máis azucres (25,5%).
  • Na cata obtén 6,8 puntos e figura entre os preferidos de chocolate: gusta pola súa "cor", "sabor" e polos "anacos" e non é criticado en ningún dos parámetros.

Häagen Dazs

 
  • "Xeado crema de chocolate belga negro con confeitos de chocolate"
  • Envase de 500 gramos, sae a 12,28 euros/litro, o máis caro; só Ben & Jerry´s, mercado a granel na xeadería, se lle achega no prezo.
  • Ingredientes: Nata, leite desnatado, azucre líquido (azucre, auga), chocolate belga negro (13%) (pasta de cacao, azucre, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla), confeitos de chocolate (10%) (chocolate (azucre, pasta de cacao, manteiga de cacao, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) aceite de algodón, manteiga de coco), xema de ovo, cacao en po, azucre, extracto natural de vainilla.
  • É o único xeado crema, por ser elaborado con graxa láctea, mentres que os outros seis utilizan maioritariamente graxas vexetais.
  • É o único que non informa na etiqueta sobre a súa composición nutricional.
  • O máis graxo (20% de graxa) e enerxético (317 calorías cada cen gramos). Tamén é o de menor proporción de graxa saturada (67%), se ben a súa cantidade final de graxa saturada, 13 g/100 g, é moi superior á do resto.
  • En positivo, é o que menos aditivos utiliza e o de menos auga. Ten xema de ovo: os alérxicos a esta substancia deben absterse de consumilo.
  • Na cata quedou en 5,8 puntos e foi o menos preferido dos de chocolate. Non recibiu eloxios en ningún parámetro e criticouse a súa "cor".

Carte D´Or stracciatella

 
  • "Xeado sabor nata con salsa de chocolate (23%) e cachiños de chocolate e chocolate con leite (6%)"
  • Mellor relación calidade-prezo dos de stracciatella.
  • Envase de 900 gramos, sae a 4,55 euros/litro, o máis barato dos de stracciatella, se ben non hai grandes diferenzas.
  • Ingredientes: Leite desnatado en po rehidratado, xarope de glicosa - frutosa, azucre, graxa vexetal, lactosa, proteínas de leite, cacao en po desgraxado (2%), pasta de cacao, manteiga de cacao, leite desnatado en po, leite en po, emulxentes (mono e diglicéridos dos ácidos graxos, fosfátidos de amonio, polirricinoleato de poliglicerol) estabilizadores (fariña de garrofín, goma guar, carraxenano) e aroma.
  • Un dos menos graxos (7,8%), pero o de máis azucres (case o 35%) e o máis enerxético (217 calorías cada cen gramos) dos de stracciatella.
  • Na cata logra 7,6 puntos, e foi o preferido dos de stracciatella.
  • Non recibiu gabanzas nin críticas en ningún parámetro.

La Lechera stracciatella

 
  • "Xeado sabor stracciatella con cachiños de chocolate (6%) e salsa de chocolate (5%)"
  • Envase de 900 gramos, sae a 4,77 euros/litro.
  • Ingredientes: Leite desnatado concentrado, xarope de glicosa, azucre, soro de leite en po, graxa vexetal, pasta de cacao, inulina, manteiga de cacao, cacao magro, emulxente (mono e diglicéridos de ácidos graxos, ésteres de propano, -1,2-diol de ácidos graxos, lecitina de soia) aroma, estabilizadores, (goma garrofín, goma guar), pasta de abelá, frutosa.
  • Alegacións nutricionais: "Menos graxa".
  • Etiquetaxe incorrecta: A declaración "Menos graxa" non é aceptable, porque a redución de graxa fronte aos demais xeados de chocolate non só non chega ao 30% senón que mesmo o seu 9,3% de graxa é superior aos 7,8% e 6,7% de graxa dos outros dous xeados de stracciatella estudados.
  • É un dos máis azucrados (28%). Contén pasta de abelá: os alérxicos aos froitos secos débense abster de consumilo.
  • Na cata obtén 6,8 puntos e ocupa unha posición intermedia: gusta pola "aparencia", "cor" e "sabor" e pola cantidade de "anacos de chocolate"; non é criticado en ningún parámetro.

Royne stracciatella

 
  • "Xeado sabor stracciatella, con salsa de cacao, anacos de chocolate e edulcorantes"
  • Paquete de 4 tarriños de 140 gramos, sae a 4,81 euros/litro e é o máis caro dos de stracciatella, se ben o máis barato sae a 4,55 euros/litro.
  • Ingredientes: Leite desnatado en po reconstituído, edulcorantes (sorbitol, xarope de maltitol, E951), salsa de cacao (8%: polidextrosa, auga, edulcorantes: xarope de sorbitol, aspartamo, E950, cacao en po, amidón modificado: E1442, acidulante: E270, aromas), aceite de coco hidroxenado, anacos de chocolate, emulxente: E471, estabilizadores: E410, E412, E407.
  • Alegacións nutricionais: "Sen azucres engadidos". É o único do comparativo que non engade azucres: incorpora edulcorantes.
  • O de máis auga (66%), o menos graxo (6,7%) e o menos enerxético (148 calorías cada cen gramos). O de maior proporción de graxa saturada (case o 94% da graxa), se ben a cantidade final de graxa saturada (6 g/100 g) é inferior á dos outros xeados.
  • Na cata queda en 5,2 puntos e foi o menos preferido dos de stracciatella. Non mereceu gabanzas en ningún parámetro e recibiu críticas por "aparencia" e "poucos anacos de chocolate".

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto