Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Limpeza e remedios para tratar as feridas: Sanda, sanda, se non hoxe...

Os remedios tradicionais para curar as feridas, como a aplicación dunhas gotas de mercromina ou de auga osixenada non son as máis axeitadas. O máis conveniente é utilizar soro fisiolóxico para limpar a zona afectada

  O noso organismo é sabio. Ante calquera ferida, xa sexa cirúrxica, por queimadura ou crónica, desencadea un elaborado proceso fisiolóxico que, amais de controlar a hemorraxia e evitar a infección, vai encamiñado á reparación do tecido danado. Daquela, para que serven os antisépticos e medicamentos? A súa utilidade é axudar o organismo a que este proceso de curación vaia máis lixeiro. Con este fin utilizáronse tradicionalmente remedios como o ácido acético, a auga osixenada e a mercromina, que non sempre son eficaces porque se aplican sen valorar o grao de infección da ferida -aguda ou crónica- e, amais de proer, atrasan o proceso de cicatrización. O máis conveniente para as feridas máis comúns é limpalas cunha solución fisiolóxica a unha temperatura próxima aos 32 ºC- 35 ºC.

Unha ferida aguda segue un proceso de curación predicible no tempo: debe pecharse antes de 10 días, coa restitución anatómica e funcional do tecido. Se pasado este tempo, por algunha razón, a cicatrización se retrasa, a ferida pasa a considerarse crónica. Unha ferida aguda, pola súa banda, caracterízase polo inicio, no mesmo momento en que se produce, de procesos celulares e vasculares que teñen como obxectivo promover a coagulación e a migración de células para favorecer a curación. Así, a propia ferida actúa como responsable primeira do estímulo de curación e fai que aumente a formación de novas células para a recuperación do tecido danado. Este proceso de curación é ordenado e continuo. Non obstante, cando as células encargadas da limpeza (granulocitos e macrófagos) non dan producido unha resposta axeitada, aumentan os microórganos e descontrólase o nivel bacteriano. Esta reacción maniféstase mediante inflamación da ferida, arrubiamento dos bordos e dor. A causa da infección local que fai que a curación se atrase, a ferida exsuda un fluído transparente e amarelado que pode chegar a ser purulento. Así e todo, ante determinadas patoloxías, como a diabete, estes signos de infección poden pasar desapercibidos.

A limpeza da lesión

  Calquera tipo de ferida está contaminada polos microorganismos da nosa pel. A vía para que estes non proliferen dependerá en parte do noso sistema inmunolóxico, encargado das defensas do organismo, pero a limpeza e protección da ferida son determinantes para manter o control bacteriano. Polo tanto, é importante retirar os residuos ou corpos estraños, como restos de terra ou de células mortas que se atopan no leito da ferida e que favorecen o crecemento bacteriano. O máis conveniente é aplicar unha solución fisiolóxica a unha temperatura próxima aos 32- 35 ºC, xa que prové un medio húmido e promove a granulación e a formación do tecido, causando mínimos intercambios de líquido en células sas. O uso de auga potable tamén é adecuado nestes casos.

Non obstante, as solucións antisépticas utilizadas "dende sempre", como o ácido acético, a auga osixenada, a solución de hipoclorito sodio e as solucións a base de povidona, levan consigo unha serie de riscos para o noso organismo que non sempre se teñen en conta. O uso da povidona iodar (unha solución de iodo molecular e povidona que se comercializa como antiséptico e desinfectante) é unha boa alternativa para tratar feridas sucias ou con risco importante de infección, pero non en peles sas ou en feridas limpas, xa que aplicar estes produtos pode provocar irritacións, reaccións alérxicas e ata chegar a anular o efecto do control da infección do propio organismo.

Os antisépticos, con propiedades e mecanismos de acción moi diferenciados entre eles, débense aplicar en dilucións normais, respectando as medidas de conservación. Antes da súa aplicación, cómpre revisar a data de caducidade do produto e evitar o seu uso prolongado polo seu potencial de toxicidade celular.

Finalmente, a pesar de que os chamados apósitos de cura en ambiente húmido se utilizan en feridas crónicas -úlceras-, o seu uso tamén é posible coas feridas agudas. Tal e como conclúe un estudo publicado en Gerokomos, a revista da Sociedade Española de Enfermería Xeriátrica e Xerontolóxica, estes apósitos favorecen que o proceso de cicatrización sexa moito máis rápido, amais de protexer de traumatismos a ferida e de evitar a propagación de xermes.

Ante feridas leves

  • Antes de comezar a curar, hai que lavar moi ben as mans.
  • Non tocar cos dedos o sangue nin o leito da ferida.
  • Lavar a ferida con auga ou solución salina. Se está moi sucia, pódese lavar con xabón sempre que se aclare moi ben para que non queden restos de lixo na ferida.
  • Utilizar un antiséptico efectivo ante un gran número de xermes, por exemplo, unha solución de clorhexidina, de acordo ás indicacións terapéuticas.
  • Cubrir cun apósito non adherente, un hidrocoloide ou unha escuma de poliuretano. Convén evitar o algodón, que se adhire aos tecidos e pode provocar dor e sangrado cando se retira. É posible que deixe restos de fibras nas feridas e que provoque infeccións.
  • Acudir ao centro de asistencia sanitaria se na ferida hai obxectos incrustados, ante unha hemorraxia difícil de controlar, se precisa de puntos de sutura pola súa profundidade, se está provocada pola mordedela dun animal ou por un obxecto susceptible de estar contaminado por fungos ou bacterias, mesmo tétanos, o que requirirá de asesoramento para o uso de antibióticos e outros fármacos.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto