Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor mercou un ordenador portátil que nos seis primeiros meses sufriu tres avarías importantes. Coa cuarta avaría, o servizo técnico negouse a aplicar a garantía por transcorrer un ano dende a compra e alegando que a tapa inferior do ordenador estaba manipulada e que iso implicaba a perda da garantía. Tras reclamar sen éxito ante a oficina do consumidor, levou a xuízo ao vendedor e ao fabricante e solicitou a substitución do ben adquirido e mais unha indemnización por perdas e danos. E gañou o xuízo. A sección décimo terceira da Audiencia Provincial de Madrid, en sentenza do 10 de outubro do 2008, argumentou que non se podían obviar as continuas avarías, que o vendedor se negou a substituílo, que se denunciou na OMIC, que as reparacións efectuadas despois tiñan tamén unha garantía específica de tres meses, independentemente da de dous anos, que non é potestade do fabricante ou do vendedor precisar ou limitar os períodos de garantía ou imporlles aos compradores a reparación, custe o que custe, cando como no presente caso as reparacións resultaran insatisfactorias, e que as imputacións de mal uso do ordenador non foran probadas e eran só simples conxecturas ou suposicións.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI