Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor aceptou o orzamento dunha clínica dental que lle ofrecía realizar seis implantes por un prezo de 17.000 euros. Non obstante, o número de implantes ascendeu a oito e o establecemento esixiu 27.000 euros. O consumidor aboou 21.000 euros en atención aos dous implantes de máis, pero negouse a pagar ata os 27.000 reclamados. A clínica demandouno, pero perdeu o xuízo. A sección sétima da Audiencia Provincial de Valencia, en sentenza do 7 de maio do 2008, considerou que a cantidade desembolsada polo usuario se axustaba ao traballo realizado fóra do orzamento e afirmou que lles corresponde aos empresarios e profesionais nos contratos de arrendamentos de obra como o obxecto deste litixio obter o resultado previsto e mais dar a debida información previa do seu custo.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI