Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Non pode acabar de pagar a súa segunda vivenda e quere recuperar parte dos cartos investidos

Estou a pagar un apartamento como segunda vivenda. Por mor da perda do emprego do meu home, os nosos ingresos reducíronse drasticamente. Teño que sufragar a hipoteca da miña primeira vivenda e xa negociei máis anos para reducir esta cota. Do apartamento entreguei bastantes cartos. Proximamente terei que volver entregar 11.000 euros máis o IVE. Non podo facerlles fronte aos pagamentos e tereino que deixar. Podo recuperar polo menos unha parte do diñeiro entregado ou perdereino todo?

  Nunha das cláusulas do contrato privado asinado pola persoa afectada indícase que, no caso de incumprir calquera dos prazos representativos de parte do prezo aprazado, o vendedor pode elixir entre reclamarlle ao comprador o pagamento dos prazos pendentes ou optar pola resolución do contrato. Se, como no caso descrito, a opción máis factible é resolver o contrato, o vendedor, tras recibir as explicacións das circunstancias económicas do comprador, tería que lle remitir á persoa afectada un burofax ou requirimento notarial notificando a fin do contrato. E, para tal suposto, o contrato indica que o vendedor reterá o 50% das cantidades que teña percibidas a conta, con límite equivalente ao 10% do prezo total do inmoble, sen prexuízo de que con posterioridade poida fixarse pola vía xudicial outro importe. Para as negociacións poden solicitar a mediación dunha Oficina do Consumidor. É aconsellable que alcancen un acordo extraxudicial escrito no que o vendedor renuncie a acudir a outras vías, xudicial ou arbitral, para reclamar indemnizacións superiores á pactada contractualmente.

Se o contrato inclúe, como é o caso, unha cláusula que limita a un tribunal arbitral concreto a resolución de calquera controversia ou conflito que puidese xurdir entre as partes, pódese alegar a súa nulidade por aplicación da Lei de consumidores e propor, co asesoramento da oficina de consumo, unha Arbitraxe de Consumo ou mesmo a vía xudicial. A Arbitraxe de Consumo é gratuíta e non se precisa avogado ou procurador, aínda que pode ser de interese contratar un avogado ao que, en todo caso, se lle solicitará un orzamento previo dos seus honorarios por negociar e alcanzar un acordo escrito para a devolución de cantidades e evitar un xuízo.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto