Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A perda ou o roubo da documentación, do teléfono móbil, da carteira ou das tarxetas de crédito son experiencias desagradables e molestas. Pero a inquietude que causan pódese transformar en pánico se o contratempo sucede no estranxeiro. O primeiro paso, amais de non perder a calma, é acudir a algunha das oficinas consulares do noso país que se atopan espalladas polo mundo.
Por regra xeral, deberá achegar a seguinte documentación:
É aconsellable tamén que os estudantes que realicen cursos no estranxeiro ou que se despracen ao exterior durante unha tempada se inscriban como "non residentes" no Consulado correspondente. Amais da posibilidade das familias de contactar cos seus fillos a través do Consulado, a inscrición facilitaralles a substitución da documentación de se producir o roubo ou a perda do pasaporte, pois ao estar previamente identificado e constar a documentación que tiña ao chegar, o Consulado ten todos os elementos para poder documentar a quen fora vítima do roubo do seu pasaporte. En todo caso, sempre hai que denunciar o seu roubo ou a súa perda ante a policía local do país onde se atope. En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI