Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Programa mundial para a redución do consumo de sal | Menú hidratante | O coláxeno | Cafés descafeinados | Mazás e hixiene bucal

Actualidade: WASH, World Action on Salt & Health

  Esta iniciativa mundial púxose en marcha no 2005 para reducir o consumo de sal e mellorar así a saúde de toda a poboación mundial. WASH (http://www.worldactiononsalt.com/index.htm) está formada por 368 membros de 80 países que contribúen cos seus coñecementos e mais coa súa experiencia ao desenvolvemento nos seus propios países de iniciativas saudables. Os expertos traballan coa Administración no deseño de estratexias que axuden a reducir o consumo de sal nos alimentos e instan as empresas a diminuíren a adición de sal nos seus produtos procesados co fin de mellorar o seu valor nutricional.

Como recurso para os profesionais publícase un boletín informativo trimestral onde se informa das cuestións máis relevantes e da actividade internacional. No número de marzo incluíuse a referencia á World Salt Awareness Week (Semana Mundial da Concienciación do Sal), celebrada do 2 ao 8 de febreiro do 2009. Este ano o evento centrouse no tema "Salt and eating out" (Sal e comidas fóra da casa). O obxectivo foi sensibilizar a industria da restauración de que os pratos cociñados nos restaurantes, establecementos de "comida para levar", comida rápida, venda ambulante e outros de venda de comida preparada, poden conter unha gran cantidade de sal oculto. Do mesmo xeito, informouse da importancia de lles engadir menos sal aos alimentos e explicáronse as consecuencias negativas que ten para a saúde a longo prazo levar unha dieta rica en sal.

Menú tipo: Hidratante

  • En xaxúas: Un vaso de auga con zume de limón.
  • Almorzo: Infusión. Iogur con froita fresca e cereais.
  • A parva de media mañá: Zume de froita natural. Medio sándwich vexetal con atún. Auga.
  • Xantar: Caldo da cocción das verduras. Ensalada de cores. Minestra con tropezos de carne guisada de becerro. Pan e sandía.
  • Merenda: Unha tallada de melón. Pan torrado con queixo fresco.
  • Cea: Sopa con verduras en xuliana. Tortilla de patacas, cebola e pemento. Pan e infusión.

O consello: Os caldos, as infusións, os zumes de froita e a auga son os alimentos que máis hidratan. Séguenos as froitas e as hortalizas, que conteñen arredor do 90% de auga na súa composición, ou mesmo máis.

O ABC: Coláxeno

  O coláxeno é unha proteína que abunda nos tendóns, nas cartilaxes, nos nervios e na pel e ten unha función estrutural en todo este tecido conxuntivo, xa que lle achega firmeza, forza e elasticidade. Dende o punto de vista nutricional é unha proteína con menor valor biolóxico porque é deficiente nalgún aminoácido esencial.

Na industria alimentaria, o coláxeno é un indicativo da calidade dos derivados cárnicos como embutidos, salchichas e hamburguesas. Nas análises bromatolóxicas (análises elaboradas en alimentos) mídese a relación coláxeno/proteína: canto maior sexa este índice, menor é a calidade da carne empregada para a elaboración dos devanditos produtos.

A aplicación de auga quente sobre as carnes ricas en coláxeno fai que este se transforme en xelatina, cunha textura branda, pegañenta e comestible. É por iso que este tipo de carnes requiren coccións máis longas para que resulten tenras.

Consultorio

 

É certo que o café descafeinado non contén nada de cafeína? Como se acada logo ese sabor tan similar?

  Os cafés descafeinados teñen menos cafeína ca os seus homólogos naturais pero o proceso industrial ao que son sometidos non dá extraído toda a cafeína. A lei obriga a que o produto final non supere o 0,1% de cafeína nos cafés descafeinados e o 0,3% nos cafés descafeinados solubles ou instantáneos (os de sobre). A cafeína extráese con solventes que logo se eliminan por diversos procesos tecnolóxicos co fin de garantir a ausencia de residuos no café. O sabor do café descafeinado é tan similar ao café porque o proceso de eliminación da cafeína (descafeinización) se fai no gran cru para evitar a perda do aroma no café torrado. Por iso case non se aprecian diferenzas entre un e outro, aínda que as persoas moi cafeteiras advirten ao momento o contraste de sabor e aroma.

É importante considerar que non todos os tipos de café conteñen a mesma cantidade de cafeína. Así, o café robusta, unha das variedades máis consumidas e que se emprega na elaboración de cafés instantáneos, contén entre un 2% e un 3,5% de cafeína; o dobre ca o café Arábica (0,9-1,5%).

Na miña casa sempre se dixo que se non tes pasta de dentes á man, comer unha mazá equivale a lavar os dentes. É certo?

  A mazá é un alimento saudable, pero tomala de sobremesa non substitúe o cepillado, xa que non axuda a reducir a placa bacteriana e, polo tanto, non prevén a carie. Despois de comer, os restos de alimentos que se acumulan na capa externa dos dentes poden erosionar o esmalte, en particular se son alimentos ricos en hidratos de carbono.

Os alimentos que conteñen azucres simples, como o azucre de mesa, o mel, a marmelada, as bebidas azucradas, as larpeiradas e todo tipo de doces, así como os alimentos con azucres complexos (pan, galletas, arroz, pasta, patacas e legumes) degrádanse con maior facilidade na boca por acción dun encima que contén a saliva (alfa amilasa) e polas bacterias que temos na cavidade bucal. Convértense así en compostos máis sinxelos que aumentan a acidez da cavidade bucal. É esta acidez a que destrúe a integridade do esmalte e a que pode afectar ao resto de compoñentes do dente. Polo tanto, a mazá non pode substituír ao cepillado, xa que, como o resto de froitas, contén azucres que serven de substrato ás bacterias que forman ácidos e que afectan ao esmalte dental.

Unha boa alternativa ante a imposibilidade de lavar os dentes son as gomas de mascar e pastillas sen azucre que se comercializan con este fin. Neutralizan a acidez que se forma na boca tras a comida e axudan a previr a carie.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto