Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

As nubes, en 7 imaxes exclusivas: A linguaxe das nubes

Cando os cirros invaden o ceo estímase que nas vindeiras horas haberá un cambio brusco do tempo e que descenderá a temperatura. Os cirrocúmulos poden preceder as treboadas, os estratos anunciar un día gris en outono e no verán unha agradable xornada. Os nimbostratos traen chuvia en primavera e neve en inverno. As nubes teñen a súa propia linguaxe. Para comprendela hai que contemplar o ceo e deixarse guiar. Pero mellor non se confiar. O que está escrito pode cambiar. As paisaxes do ceo son só bosquexos.

  
Ruben García Blázquez

Auga e xeo sostidos no aire

As nubes fórmanse na troposfera -a primeira capa, de 17 quilómetros de lonxitude, da atmosfera- polo arrefriamento do aire. O vapor de auga, invisible, ou as partículas de xeo, visibles, son tan lixeiros que as correntes os sosteñen e aglomeran. A morfoloxía en que se torna esa unión depende das temperaturas de condensación. Cando se produce a temperaturas inferiores á de conxelación, as nubes fórmanse con cristais de xeo; as que se xeran nun aire máis cálido conteñen pingas de auga. O movemento do aire esculpe o seu desenvolvemento. En repouso, as nubes tenden a se agruparen en capas horizontais; as fortes correntes lánzanas a ocupar un alto espazo vertical.

  
Ruben García Blázquez

A altitude na atmosfera defíneas

As nubes son liñas no ceo. A ciencia meteorolóxica non lles outorga unha grande importancia, xa que son escasas as conclusións ás que conducen. Funcionan mal como heraldos e aínda que confirmen hipóteses non serven de instrumento para prognosticar o tempo. A súa formación, desenvolvemento e consecuencias son tan imprevisibles que o único acordado pola Organización Mundial da Meteoroloxía como certo é a súa tipoloxía, condicionada polo lugar que ocupan na atmosfera: alta, media ou baixa. Tamén se atende á súa formación vertical. As súas características dependen destes parámetros.

  
Ruben García Blázquez

Nubes altas, medias ou baixas, verticais

As nubes altas sitúanse entre os sete e os 13 quilómetros de altura (un avión voa a 10.000 metros de altitude). Estas nubes son puro xeo e sostéñense en temperaturas inferiores aos 35 graos baixo cero. Entre os dous quilómetros e os sete aparecen as nubes medias, nas que a auga e o xeo se reparten por igual a unha temperatura que vai dos 35 graos negativos aos dez baixo cero. As nubes baixas están cargadas de auga e non soben máis alá dos dous quilómetros, e en ocasións, a súa temperatura supera os cero graos. Cando se pegan á terra chamámolas néboa.

  
Ruben García Blázquez

Cirros, cúmulos e estratos

Destas tres formas fundamentais de nubes derivan os dez tipos que ilustran os ceos. As nubes máis afastadas son os cirros, os cirrocúmulos e os cirrostratos. As primeiras semellan filamentos brancos e sen sombras, brochadas que poden acabar invadindo todo o ceo e baixar as temperaturas. As segundas empedran o ceo e anuncian treboadas. As últimas tinguen a bóveda cun veo branco que agacha o azul e o sol e preludian condicións extremas: moito frío ou moita calor.

  
Ruben García Blázquez

As nubes medias, cheas de auga

Os altocúmulos e os altoestratos son irregulares, rómpenos numerosas estrías, debúxanse con moitas sombras e aínda que non ocultan os raios solares, agachan o sol. As primeiras parecen folerpas medianas e desordenadas, e a miúdo descargan auga. As segundas sucédense delgadas e densas, moi manchadas, e a súa chuvia, se cae, é fina e fría.

  
Ruben García Blázquez

As máis próximas, as máis grises

Os nimbostratos, estratocúmulos e estratos son as nubes máis próximas, aquelas que podemos superar ao subirmos ao cume dunha montaña. Son as nubes grises. Horizontais e tristes. E aínda que nos falen dun día chuvioso, a miúdo non descargan auga. De feito, os estratocúmulos, eses cilindros interminables convértense en nimbostratos, máis escuros e regulares, para comezar a chover. Os estratos parece que se pegan aos tellados. E chove e non chove. No verán retíranse cando o sol comeza a súa viaxe cara ao mediodía.

  
Ruben García Blázquez

Debuxos no ceo

Resulta difícil calcular a simple vista canto pode medir unha nube que se desenvolve en vertical. Hainas que superan os cinco quilómetros. Os cúmulos son esas masas grandes e cheas de sombras, dunha forma que cambia constantemente. Inofensivas se o aire está seco e tormentosas cando hai humidade. Pero son os cumulonimbos, as que parecen montañas de vapor con xeo no cume, as que derivan en treboadas intensas ou traen a sarabia. A elas debémoslles os debuxos do ceo. Quen non xogou nunca a descubrir castelos no aire?

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto