Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Nove conservas de atún e bonito en aceite de oliva: O bonito, un 30% máis caro ca o atún claro, non é mellor no nutricional nin tampouco o foi na cata

As conservas de atún e bonito constitúen un alimento nutritivo e saudable e están ben elaboradas, pero teñen bastante sal

Un a un

Ortiz

 

  • "Bonito do norte en aceite de oliva"
  • Lata de 112 gramos.
  • Sae a 25,4 euros/kg escorrido e a 18,6 euros/kg neto (aceite incluído). Un dos dous máis caros. A mellor opción entre as latas de bonito e a de maior calidade global de todo o comparativo.
  • Ingredientes: "Bonito do norte (atún branco), aceite de oliva e sal".
  • Etiquetaxe incorrecta: o número de lote é ilexible.
  • Das catro de bonito, a de maior proporción de peixe (79%).
  • Na cata acada 6,8 puntos e é un dos máis preferidos. Non é criticado nin gabado en ningún dos parámetros (cor, olor, sabor, sensación ao mastigar, tenrura e sabor residual).

Albo

 

  • "Bonito do norte en aceite de oliva"
  • Lata de 112 gramos.
  • Sae a 26,2 euros/kg escorrido e a 19,2 euros/kg neto (aceite incluído). O máis caro dos nove comparados.
  • Ingredientes: Bonito do norte (atún branco), aceite de oliva e sal.
  • O de máis sal entre as de bonito (1,06%), se ben non contén demasiado.
  • Na cata consegue 6,5 puntos e é un dos máis preferidos. Gusta pola súa cor e non é criticado en ningún dos parámetros.

Isabel

 

  • "Bonito do norte en aceite de oliva"
  • Lata de 266 gramos.
  • Sae a 21,5 euros/kg escorrido e a 14 euros/kg neto (aceite incluído). O bonito máis barato, se ben a súa lata contén máis do dobre de produto ca as outras.
  • Ingredientes: Bonito do norte, aceite de oliva e sal.
  • Aé criticado mostra con menos peixe, incumpre a lexislación: a relación peso escorrido/peso neto é o 62%, cando o mínimo é o 65%.
  • Na cata obtén 6,3 puntos e é un dos máis preferidos. Gusta pola súa "cor clara" e polos seus "anacos grandes", e critícase por "seco".

Garavilla

 

  • "Bonito do norte en aceite de oliva"
  • Lata de 115 gramos.
  • Sae a 24 euros/kg escorrido e a 16,9 euros/kg neto (aceite incluído).
  • Etiquetaxe incorrecta, pola súa declaración "sen conservantes nin colorantes", non permitida xa que non pode contelos.
  • Ingredientes: Bonito do norte, aceite de oliva e sal.
  • Na cata queda en 6,1 puntos. Gustan o seu "sabor" e "cor", pero critícase por "aceitoso".

Isabel

 

  • "Atún claro en aceite de oliva"
  • Paquete de 3 latas de 80 gramos cada unha.
  • Sae a 14 euros/kg escorrido e a 9,1 euros/kg neto (aceite incluído). O máis barato. E a mellor relación calidade-prezo.
  • Ingredientes: Atún claro, aceite de oliva, aceite de oliva virxe extra (7%) e sal.
  • É unha das de menos peixe (indicador peso escorrido/peso neto: 68%).
  • Unha das dúas con menos mercurio (metal pesado, indesexable): por baixo do límite de detección (0,05 ppm). E unha das menos salgadas (0,9%).
  • Na cata acada 6,2 puntos e é un dos máis preferidos. Gusta por "substancioso" e pola súa "cor", e é criticado por "aceitoso" e "esmiuzado".

Albo

 

  • "Atún claro en aceite de oliva"
  • Lata de 112 gramos.
  • Sae a 19,4 euros/kg escorrido e a 14,2 euros/kg neto (aceite incluído).
  • Ingredientes: Atún claro, aceite de oliva e sal.
  • A segunda máis salgada, co 1,4% de sal, e case tres veces máis ca a menos salgada.
  • Na cata destaca con 7,1 puntos (obtivo a mellor puntuación) e é un dos máis preferidos. Gusta polo "punto de sal" e polos seus "anacos grandes"; non é criticado por ningún dos parámetros.

Ortiz

 

  • "Atún claro en aceite de oliva"
  • Lata de 112 gramos.
  • Sae a 21 euros/kg escorrido e a 15,4 euros/kg neto (aceite incluído). Unha das dúas máis caras de atún claro.
  • Ingredientes: Atún claro, aceite de oliva e sal.
  • A máis salgada (1,8%). Estímase, en termos de saúde, que a partir do 1,5% de sal un produto é demasiado salgado. E é tamén a de máis mercurio (0,42 ppm), aínda que está dentro de norma, e mesmo lonxe do máximo permitido (1 ppm).
  • Na cata logra 6,7 puntos e é un dos preferidos, se ben non é gabado nin criticado en ningún dos parámetros.

Cuca

 

  • "Atún claro en aceite de oliva"
  • Paquete de 3 latas de 65 gramos.
  • Sae a 21,2 euros/kg escorrido e a 16,3 euros/kg neto (aceite incluído). Xunto a Ortiz, a máis cara das conservas de atún.
  • Ingredientes: Atún claro, aceite de oliva e sal.
  • Etiquetaxe incorrecta, pola súa declaración "sen conservantes nin colorantes", non permitida xa que non pode contelos.
  • A de menos sal, con só o 0,51%. E a de máis peixe: a relación peso escorrido/peso neto é de case o 81%.
  • Na cata acada 6,2 puntos, ocupa unha posición intermedia e non é gabado nin criticado en ningún dos parámetros.

Calvo

 

  • "Atún claro en aceite de oliva"
  • Paquete de 3 latas de 80 gramos.
  • Sae a 15,9 euros/kg escorrido e a 10,4 euros/kg neto (aceite incluído). Unha das dúas mostras máis baratas de todo o comparativo, e con moita diferenza respecto das demais.
  • Ingredientes: Atún claro, aceite de oliva e sal.
  • Unha das dúas con menos mercurio (metal pesado, indesexable): por baixo do límite de detección da técnica (0,05 ppm). E unha das catro con menos peixe (o indicador peso escorrido/peso neto é do 69%).
  • Na cata quedou en 5,5 puntos e foi o menos preferido. Gustou polo seu "punto de sal" pero foi criticado pola súa "cor escura", por estar "esmiuzado" e por "salgado".

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto