Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un home contratou un tratamento dermocosmético que non deu o resultado prometido, razón pola que sufriu estados de ansiedade e depresión. Demandou por iso ao establecemento alegando que non se solicitara o seu consentimento informado sobre o tratamento e que a intención do establecemento fora enganalo no tocante aos prezos e á súa eficacia. A Audiencia Provincial de Valencia, en sentenza do 6 de xuño do 2008, asegurou que non se trataba dun tratamento médico que precisase o consentimento informado do paciente, dado que no contrato se salientaba que os tratamentos eran cosmetolóxicos e non médicos, polo que non era de aplicación a Lei xeral de sanidade. Non obstante, considerou que a empresa demandada cometera unha infracción, xa que non se limitou a prescribir un tratamento idóneo, senón que engadiu unha serie de cosméticos que o encarecían sen probar que resultasen eficaces para potenciar o tratamento. Por este motivo, a Audiencia declarou a obriga de indemnizar o consumidor con 1.000 euros polo dano moral que sufriu cando se frustraron as súas expectativas de ver solucionado o seu problema de alopecia.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI