Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Asinei un contrato co compromiso de permanencia cunha operadora móbil, pero, dado o meu baixo consumo, decidín cambiar a modalidade de pagamento e optar por unha tarxeta de prepagamento. Non obstante, na factura vin que me cobraron por incumprir o prazo de permanencia e polo cambio de portabilidade. Podo reclamar?
Non se pode falar de portabilidade porque non se rexistrou un cambio de operador, senón de contrato a prepagamento, de xeito que se incumpriron as condicións contractuais que vinculaban o titular coa compañía nas condicións e prazo pactados. Por iso, é lícito que a operadora facture as cantidades pertinentes por esta infracción. Non obstante, sempre se pode recorrer ao Servizo de Atención ao Cliente para que aclare se a cantidade cobrada é a debida.
No tocante ao cambio do sistema de cobramento -que non de portabilidade-, a única irregularidade é que no momento en que se realizou a solicitude de información e a de cambio de modalidade, a operadora non informou do custo desta xestión de cambio. Ante esta situación pódese reclamar a devolución das cantidades pagadas na última factura ao servizo de atención ao cliente. Ao facelo, hai que solicitar o numero de referencia da reclamación e deixar constancia expresa de que non informaron sobre o custo do cambio, razón pola que se deduciu que era gratuíto. Agora ben, se no prazo dun mes non se recibe unha resposta satisfactoria, pódese acudir á Oficina Municipal de Consumo. Sempre que desexe cambiar de operadora mantendo o mesmo número, ten que dirixirse á nova operadora seleccionada. Ela hase encargar de tramitar as xestións todas e poderá pasar de contrato a prepagamento ou á inversa sen ningún custo adicional.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI