Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Residuos sólidos urbanos (RSU): COMPARADOS os sistemas de recollida e xestión de 18 cidades: Xeramos cada vez máis lixo e non todas as cidades saben canto reciclan

Pamplona demostrou ser a cidade máis comprometida coa reciclaxe. No outro lado da balanza, oito concellos aseguraron descoñecer a cantidade de lixo que recuperan. Nestas 18 cidades produciuse no 2008 un 2% máis de lixo por habitante ca no 2004

Reciclaxe, taxas municipais e táboa comparativa

Reciclamos pouco

  Cada habitante das 18 cidades analizadas xera, de media, 35 quilos de papel e cartón ao ano, 15 quilos de vidro, 13 quilos de envases e 0,10 de pilas. Pero, que proporción do lixo recollido se recicla? Non é doado sabelo xa que, ao igual que aconteceu hai catro anos, varias cidades (neste caso, Alacante, Barcelona, Granada, Málaga, Murcia e Zaragoza) indicáronlle a esta revista que carecían desa información e Córdoba só deu datos do 2007. O resto deberán facer maiores esforzos os vindeiros anos para cumprir coa lexislación. Segundo a directiva aprobada no 2008 polo Parlamento Europeo para o 2020, os países membros da UE terán que reciclar ou reutilizar polo menos o 50% do papel, do plástico e do vidro dos residuos urbanos sólidos. Os datos do Ministerio de Medio Ambiente indican que España está preto de cumprir estes obxectivos, pero nas 11 cidades que lle facilitaron información a CONSUMER EROSKI a situación non é tan positiva: recuperouse unha media do 47% de vidro, o 44% de papel-cartón e só o 18% de plásticos e envases. Trátase de proporcións lixeiramente superiores ás que se rexistraron hai catro anos e, ao igual ca daquela, a cidade referente é Pamplona, que recicla o 53% do vidro (igual ca Bilbao) e o 70% do papel-cartón (só se achega San Sebastián cun 64%).

E a materia orgánica?

O lixo orgánico pódese reciclar para producir compost, abono ou un rexenerador do terreo que contén nutrientes e oligoelementos. Para que este proceso se levase a cabo con éxito habería que implantar unha recollida selectiva xeneralizada e concienciar os cidadáns para que separasen os restos de comida e xardín (preferiblemente en bolsas tamén compostables) e que os depositasen en colectores específicos, os de cor gris ou marrón. Ademais, cumpriría crear un mercado que asegurase o destino dese compost para xardíns e parques. Non obstante, á luz dos datos recompilados por esta revista, queda moito por facer. Aínda que a maioría das cidades din dispoñer de planta de compostaxe (todas agás Granada, Málaga e Murcia, que non facilitaron os datos), moi poucas (só A Coruña, Barcelona, Córdoba, Pamplona, Valencia, Valladolid; e San Sebastián, cunha experiencia piloto) implantaron un sistema de recollida selectiva. De media, reciclan só un 18% da materia orgánica que producen, moi lonxe do 50% fixado polo Plan Nacional Integral de Residuos Urbanos. Só se achega a esta proporción Córdoba, que recupera un 43% do seu lixo orgánico.

Taxas municipais

Na maioría das cidades, a taxa de lixos cóbrase anualmente. As excepcións foron Valladolid e Málaga, que non teñen taxa de lixo como tal; Bilbao, que a cobra cada tres meses; Granada e Sevilla, que o fan unha vez ao mes e Logroño, cada seis meses. San Sebastián e Murcia aplican unha tarifa única, no resto de cidades a taxa varía en función da categoría fiscal da rúa (A Coruña, Bilbao, Córdoba, Granada, Logroño), do valor catastral da vivenda (Madrid, Pamplona) ou segundo a cantidade de auga consumida (Barcelona, Sevilla, Zaragoza). A taxa pode ser moi distinta nalgunhas cidades: en Madrid, sen ir máis lonxe, o abano vai dende 4 euros ata 190 euros ao ano. Nos últimos catro anos as taxas da maioría das cidades subiron entre un 10% e un 22%. Pero nalgunhas abaratouse (en Zaragoza diminuíu un 15%) e noutras aumentou desmesuradamente: en San Sebastián medrou un 90%. O Plan Integrado de Residuos Urbanos propón implantar unha taxa de lixo proporcional á cantidade de desfeitos urbanos xerados por cada vivenda.

TÁBOA COMPARATIVA

Residuos sólidos urbanos xerados no 2008 *
Ciudade Total de residuos urbanos recollidos 2008 1 Evolución total de RSU en 4 anos kg/habitante ao día 2008 Evolución kg/habitante ao día en catro anos
A Coruña 117.067 3,1% 1,31 2%
Alacante 167.672 4,2% 1,38 -2%
Barcelona 861.096 -1,5% 1,46 -4%
Bilbao 178.331 -6,7% 1,38 -7%
Córdoba(2) 180.085 8,0% 1,52 7%
Granada 122.434 -4,3% 1,42 -4%
Logroño 62.683 10,8% 1,14 5%
Madrid 1.590.131 2,7% 1,36 -1%
Málaga 304.389 13,5% 1,47 10%
Murcia - - - -
Oviedo 94.914 7,5% 1,18 2%
Pamplona(3) 153.968 9,3% 1,25 1%
San Sebastián 93.815 3,9% 1,40 3%
Sevilla 378.844 16,2% 1,48 17%
Valencia 405.228 5,8% 1,38 3%
Valladolid 131.236 2,2% 1,13 10%
Vitoria 90.565 8,1% 1,07 -2%
Zaragoza 260.640 0,5% 1,07 -3%
MEDIA 305.476 3,7% 1,32 2%
TOTAL 5.193.098 3,7% - -

Poboación: INE, a 1 de xaneiro do 2008, último censo nacional.

*Datos oficiais: Fonte concellos e empresas contratadas en cada municipio

(1). Toneladas de residuos

(2) Datos do 2007, tamén o de poboación (a 1 de xaneiro do 2007)

(3) Mancomunidade de Pamplona, cunha poboación de 338.372 habitantes a 1 de xaneiro do 2008.

Recollida selectiva: número de colectores e de puntos limpios*
Ciudade Vidro: Colectores por cada 500 habitantes Papel-Cartón: Colectores por cada 500 habitantes Envases: Colectores por cada 300 habitantes Número de ecoparques: (Fixos/Móbiles)(1)
A Coruña 1,14 1,80 Non hai colectores 4/0
Alacante 1,54 1,27 0,69 1/2
Barcelona(2) 0,74 0,73 0,43 20/8
Bilbao 1,12 1,31 1,35 4/2
Córdoba(2) 1,15 3,56 3,84 3/0
Granada 1,30 1,37 0,97 ND
Logroño 1,44 1,35 0,76 1/2
Madrid 0,95 1,26 7,67 15/5
Málaga ND ND ND ND
Murcia ND ND ND ND
Oviedo(3) 20 illas de colectores 2/0
Pamplona 2,90 5,48 3,02 2/2
San Sebastián 1,08 1,10 0,67 1/1
Sevilla 1,21 1,37 2,21 4/0
Valencia 1,03 1,10 0,60 1/3
Valladolid 1,29 1,46 Non hai colectores 5/1
Vitoria 1,39 1,35 0,79 2/2
Zaragoza 1,19 1,22 0,93 4/4
MEDIA 1,30 1,72 1,84 5/3

*Fonte: Concellos e empresas contratadas en cada municipio.

1. Número de ecoparques ou puntos limpos existentes en cada municipio.

2. Datos do 2007.

3. En Oviedo, a recollida selectiva de residuos lévase a cabo a través de 20 colectores soterrados que serven de apoio á recollida nos domicilios.

*ND: Non dispoñible. Os concellos e empresas contratadas en cada municipio non facilitaron estes datos malia a reiteración na solicitude por parte desta revista.

Proporción do recuperado que se recicla1
Ciudade Vidrio Papel-Cartón Envases Materia orgánica(2) Pilas
A Coruña Papel-cartón, vidro aluminio, tetra-brik e aceiro: 16% ND ND
Alacante ND ND ND ND ND
Barcelona ND ND ND ND ND
Bilbao 53% 51% 15% 3% 15%
Córdoba(3) ND ND ND 43% ND
Granada ND ND ND ND ND
Logroño 54% 36% 20% ND ND
Madrid 50% 29% ND 14% ND
Málaga ND ND ND ND ND
Murcia ND ND ND ND ND
Oviedo ND ND ND 12% ND
Pamplona 53% 69% 28% 17% 68%
San Sebastián 62% 64% 21% ND ND
Sevilla 30% 22% 15% 15% 42%
Valencia 44% 31% 22% 21% 24%
Valladolid 31% 55% 3% 22% ND
Vitoria 51% 40% 22% 12% ND
Zaragoza ND ND ND ND ND
MEDIA 47% 44% 18% 18% 37%

1.Fonte: concellos e empresas contratadas en cada municipio. Ano 2008.

2. Trátase de materia orgánica recuperada mediante compostaxe.

*ND: Non dispoñible. Os concellos e empresas contratadas en cada municipio non facilitaron estes datos malia a reiteración na solicitude por parte desta revista.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto