Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Residuos sólidos urbanos (RSU): COMPARADOS os sistemas de recollida e xestión de 18 cidades: Xeramos cada vez máis lixo e non todas as cidades saben canto reciclan

Pamplona demostrou ser a cidade máis comprometida coa reciclaxe. No outro lado da balanza, oito concellos aseguraron descoñecer a cantidade de lixo que recuperan. Nestas 18 cidades produciuse no 2008 un 2% máis de lixo por habitante ca no 2004

  A recollida e posterior tratamento dos lixos é un dos problemas que máis lles preocupa ás autoridades e aos cidadáns. Consumimos cada vez máis e a cantidade de residuos sólidos urbanos (RSU) medra de xeito imparable. Se en 1995 cada cidadán español produciu unha media de 378 quilos de refugallos ao ano, no 2003 esa cantidade elevouse ata os 502 quilos e no 2007 aumentou outro 17% ata alcanzar os 588 quilos por cidadán e ano, superando así a media europea que se sitúa arredor dos 522 quilos. Esta tendencia débese en boa medida á progresiva implantación comercial dos envases e embalaxes dun só uso que supoñen un 60% do volume do lixo que xeramos e un 33% do seu peso. Segundo os expertos europeos, se non se lle pon freo a esta cultura de "usar e guindar" poderíase chegar a 770 quilos de lixo por habitante e ano no 2020, o que esixiría aumentar tamén o gasto público necesario para recoller, transportar e tratar os residuos públicos urbanos, que na actualidade consume o 20% dos orzamentos municipais.

Para afrontar esta situación, as administracións europea, estatal, autonómica e municipal elaboraron unha longa serie de normas. A máis importante é o Plan Integrado de Residuos Urbanos, que establece como obxectivo reciclar o 70% do vidro, o 65% do papel-cartón e do 30% dos plásticos e outros envases. Non obstante, a seis anos vista do final da aplicación deste plan, a situación está lonxe de ser óptima. Nas dez cidades que lle facilitaron datos sobre reciclaxe de lixos a CONSUMER EROSKI (seis negáronse a facelo, malia a reiteración na solicitude por parte desta revista e dous só facilitaron datos sobre reciclaxe de materia orgánica), recupérase, de media, un 47% do vidro, un 44% de papel-cartón, un 37% de pilas e un 18% de envases, aínda que a situación varía moito dunha cidade a outra. Pamplona é a capital que se atopa máis preto de cumprir os obxectivos do Plan Nacional Integrado de Residuos Urbanos, xa que recicla o 53% do vidro, o 69% de papel e cartón e o 28% dos plásticos e outros envases que se guindan ao lixo.

  De media, as 18 cidades estudadas xeraron o ano pasado 1,32 quilos de residuos urbanos por habitante e día, o que representa un 2% máis ca hai catro anos. Alacante, Barcelona, Bilbao, Granada, Madrid, Vitoria e Zaragoza conseguiron producir menos lixo por habitante ca no 2004.

Estas son as principais conclusións ás que chegou CONSUMER EROSKI logo de estudar os sistemas de recollida e xestión dos refugallos urbanos en 18 cidades españolas: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Logroño, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. A negativa das Administracións locais a proporcionar información foi máis común do habitual. Seis cidades afirmaron non disporen de datos abondos sobre a cantidade de residuos que recuperaban, Barcelona e Córdoba só deron datos do 2007 e en Málaga e Murcia esta revista non puido acadar a información solicitada.

Comprobouse que as máis das cidades estudadas contan co número de colectores de recollida selectiva mínimo esixido polo Plan Nacional Integrado de Residuos Urbanos: un recipiente de vidro por cada 500 habitantes, un de papel-cartón por cada 500 cidadáns e un de envases por cada 300 veciños. Fallou Barcelona, aínda que só facilitou datos do 2007, polo que non é posible saber se cumpría os requisitos o ano pasado. Pola súa parte, Madrid, San Sebastián e Valencia rozaron ou superaron por moi pouco a ratio esixida.

Por outra banda, a taxa por recollida e tratamento de lixos que deben pagar os cidadáns cóbrase de modo moi diferente en cada cidade, o que dificulta a súa comparación. Na maioría págase ao ano (en Sevilla e Granada é unha vez ao mes; en Bilbao é trimestral e en Logroño, semestral) e a cantidade varía en función da categoría fiscal da rúa, do consumo de auga ou do tamaño da vivenda. Así, mentres en Sevilla a cantidade mínima que se aboa é de 24 euros anuais, en Madrid pódese chegar a pagar 190 euros ao ano.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto