Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

EDICIÓN IMPRESA.
Maio 2009

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Nove cervexas "sen alcohol", 0,0% e 'light'': Teñen menos alcohol e calorías, pero non é o mesmo light ca "sen alcohol"

Coas nove redúcese moito a inxestión calorífica con respecto a unha cervexa normal, pero as light conteñen alcohol en cantidade significativa e moi superior ás sen e ás 0,0%

  A cervexa é unha bebida refrescante composta fundamentalmente de auga, malte de cebada e lúpulo e cunha graduación alcohólica relativamente baixa (as máis consumidas teñen arredor do 4,5% de alcohol, menos da metade do viño pero en ningún caso desprezable), o que constitúe un dos seus principais atractivos. Estes últimos anos, o mercado inzouse de cervexas con distinta denominación comercial e menor grao alcohólico ca as convencionais. As "sen alcohol" foron seguidas das 0,0%, que son máis do mesmo para a lexislación, aínda que conteñan aínda menos alcohol ca as "sen"; despois chegaron as cervexas light, que, amais de reduciren a súa achega calorífica rebaixan tamén a súa graduación alcohólica e quedan nunha posición intermedia entre as "sen" e as normais.

CONSUMER EROSKI levou ao laboratorio e someteu a cata 9 mostras de cervexa: catro "sen alcohol" (Buckler, Laiker, Kaliber e Cruzcampo), tres denominadas "0,0% (Free-Dam, Buckler e San Miguel) e dúaslight (Mahou e Cruzcampo). Comercialízanse en paquetes de 6 botellas de cristal de 0,25 litros, agás Mahou light, que se vende por solto en botella de cristal de 33 centílitros. Empregan, salvo San Miguel 0,0%, amais dos ingredientes básicos (auga, malte de cebada e lúpulo), millo ou arroz e aditivos. Sabido é (e así o comprobou esta análise), que o valor nutritivo da cervexa é insignificante. Non se pode considerar un alimento porque o seu contido en proteínas, carbohidratos e minerais é irrelevante para a nosa dieta, e só cabe mencionar a súa modesta achega de vitamina B9. Tamén se constatou que as diferenzas nutricionais entre estas cervexas son pouco significativas. As nove achegan, e iso si é unha vantaxe, ata dúas veces menos calorías ca un refresco non light. E é precisamente no poder enerxético onde se manifesta -se omitimos a graduación alcohólica- a maior diferenza entre as cervexas estudadas: segundo a cervexa da que se trate, achegan entre 12 e 30 calorías cada cen mililitros. Beber un litro (tres botellos) de Mahou light representa inxerir 300 calorías, mentres que a mesma cantidade de Free-Damm (catro botellos) equivale a só 120 calorías. As menos enerxéticas son as cervexas 0,0% (achegan entre 12 e 23 calorías cada cen mililitros), seguidas das "sen alcohol" (entre 21 e 24 calorías cada cen mililitros) e das light (unha achega 30 e a outra 26 calorías cada cen mililitros).

Cervexa, alcohol e prezo

  As máis axeitadas para os abstemios, para os que prefiren evitar o consumo de alcohol e para quen se vai pór a conducir son as cervexas 0,0%: en dúas das tres analizadas rexistrouse menos do 0,01% en volume (vol.) e, na outra, só o 0.07%. Lembremos que as convencionais teñen entre o 4,5 e o 5% vol., e que a lexislación establece que non terán menos do 3% vol. Tamén dita que as "sen alcohol" non superarán o 1% vol. Cumpren as "sen", xa que a graduación medida no laboratorio das catro "sen" analizadas foi dende o 0,6% vol. de Cruzcampo ata o 0,9% vol. de Laiker. As light tamén teñen menor a graduación ca as normais, pero non a reducen tanto como as "sen", xa que quedaron en 2,4% vol. en Cruzcampo e en 3,5% vol. en Mahou. En resumo, as de menor graduación foron dúas cervexas 0,0%, San Miguel e Free-Damm, con menos do 0,01% vol., e a de maior, Mahou Light, con 3,5% vol., próxima á dunha cervexa normal.

No tocante ao prezo, as light (saen, de media, a 1,7 euros/litro) son algo máis caras ca as "sen alcohol" e ca as 0,0% (ambas as dúas custan, de media, 1,4 euros/litro), e mesmo ca as convencionais desas mesmas marcas (arredor de 1,5 euros/litro). Dúas cervexas "sen" (Laiker e Buckler) saían a menos de 1,35 euros o litro e, no outro extremo, as dúas light eran as únicas que superaban os 1,5 euros o litro.

A cervexa é un produto no que as características organolépticas (sabor, formación de escuma, cor, olor) e, en definitiva, a satisfacción que lle proporcionan ao consumidor, é un dos criterios esenciais na elección. En contra do que se poida pensar na análise sensorial, a cata, non foron mellor cualificadas as cervexas dun tipo determinado nin unhas marcas se amosaron superiores ás outras; non obstante, si se pode dicir que as "sen alcohol" se valoraron algo mellor ca as 0,0% e ca as light. As máis preferidas foron tres, dúas "sen alcohol" (Buckler e Laiker) e unha light (Cruzcampo), e as menos aprezadas, unha 0,0% (Buckler) e unha light (Mahou). Cotexados os datos da análise de laboratorio e da cata, o galardón de mellor relación calidade-prezo correspóndelles por igual a dúas cervexas "sen alcohol", Buckler e Laiker, ambas as dúas cunha graduación alcohólica inferior ao 1% vol. e as máis baratas de todo o comparativo. Se se prefire unha sen nada de alcohol, a mellor elección pode ser San Miguel, unha das máis baratas e a única sen aditivos. E se se inclina por unha cervexa light, parece mellor opción a de Cruzcampo ca a de Mahou: amais da súa menor graduación (2,4% vol., fronte a 3,5% vol.), foi mellor cualificada na cata e é algo máis barata.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto