Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha persoa asinou a adquisición de aproveitamento por quenda de bens inmobles en período de proba durante unha reunión promocional. Días despois, premido para o pagamento, asinou o financiamento na entidade bancaria que lle indicaron os vendedores. Previamente, o vendedor informárao de que se podería desfacer de todo, tanto da compra como do financiamento así que acabase a proba dunha semana de vacacións. Finalmente, non foi así e o comprador acudiu aos Tribunais para solicitar a resolución de ambos os dous contratos e a devolución das cotas pagadas. E gañou o xuízo. A Audiencia Provincial de Álava, en sentenza do catro de novembro do 2008, declarou resolto o contrato de financiamento por consideralo vinculado ao contrato principal de aproveitamento por quenda. O banco alegaba que o titular lle debía devolver o importe do empréstito -27.000 euros-, pero a Audiencia rexeita esta pretensión, xa que o destinatario dos cartos non era o afectado senón a empresa vendedora, a quen se lle entregou o diñeiro por transferencia. Deste xeito declara resoltos ambos os dous contratos e sinala que o banco poderá dirixirse contra a vendedora para reclamar o seu diñeiro e condena en custas as empresas demandadas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI