Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor mercou unha PDA pola que pagou 669 euros. Catro meses despois a alimentación externa estragouse, de xeito que lle resultaba imposible recargar o aparello. Acudiu ao vendedor e este remitiuno ao servizo técnico de reparación oficial, que lle devolveu o aparello por considerar que non tiña arranxo e que estaba fóra de garantía por golpe, caída ou mal uso. Aínda que o afectado intentou que o establecemento se responsabilizase mediante a arbitraxe de consumo, non o conseguiu e acudiu aos tribunais, que lle deron a razón. A Audiencia de Barcelona, en sentenza do 12 de marzo do 2008, constata que durante os catro primeiros meses a PDA funcionou correctamente e que o dano se puido orixinar tanto por un uso normal como por un mal uso. Ante a ausencia dunha proba pericial que dirimise esta cuestión, e debido á presunción legal favorable ao consumidor os primeiros seis meses, a audiencia condena o vendedor a devolver o prezo pagado polo comprador e a aboar tamén os xuros e as custas da demanda.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI