Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Sufrín un accidente de tráfico e a compañía de seguros ofréceme o valor venal do coche porque aseguran que o custo da reparación é maior. O problema é que os cartos que me dan non abondan para mercar outro coche semellante. A única opción que me ofrecen é ir a xuízo. Que podo facer?
Por regra xeral ofrécese unha indemnización cun valor semellante ao custo da reparación do vehículo sinistrado. Agora ben, unha das excepcións prodúcese cando a diferenza entre o custo da reparación e o valor venal é considerable. Este tipo de casos deben examinarse caso por caso nos tribunais, xa que calquera desproporción entre o valor de reparación e o valor venal exclúe o pagamento da reparación. Agora ben, se á compañía aseguradora non lle interesa reparar o vehículo sinistrado, pode propor un acordo por un importe intermedio entre o ofrecido e o valor venal do vehículo (terá que ser, polo menos, o valor venal incrementado nun 20%). Se non se chega a un acordo que satisfaga ao cliente, convén valorar a través dun avogado a posibilidade de reparar o vehículo ao seu cargo co fin de demandar á outra parte polo importe da reparación. Nesta circunstancia as probabilidades de que os tribunais estimasen a reclamación aumentan. O principal inconveniente é que o afectado debería adiantar os cartos da reparación. De non poder afrontar este gasto, sempre se pode optar por non reparar o vehículo pero acreditar ante o xulgado a imposibilidade económica para iso. Outra opción é a de solicitar un empréstito para pagar a reparación e reclamar na demanda todos os xuros e gastos que leve consigo.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI