Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Residencias para a terceira idade: analizadas 125 públicas, privadas e concertadas en 18 provincias: Segue a haber poucas prazas e cada vez son máis caras

Hai listas de espera no 70% delas e un 21% presentan carencias de calidade. Nos últimos catro anos, os prezos das públicas encareceron máis, ata un 23%, pero en xeral seguen a ser máis baratas e mellores ca as privadas

Prezos e diferenzas entre privadas e públicas e táboas comparativas

Soben os prezos

 Anotáronse grandes diferenzas entre tarifas en función de cal fose a titularidade do centro (público, privado ou concertado), da súa oferta de servizos, do tipo de cuarto que se elixise (as individuais adoitan ser uns 100 euros máis caras ca as compartidas) e do estado de saúde do residente (se é dependente pagará aproximadamente 300 euros máis de mensualidade). A tarifa media é de 1.356 euros ao mes, fronte aos 1.252 euros que se pagaban hai catro anos (8% de incremento fronte ao 9,4% de suba do IPC no mesmo período). Nos centros públicos o prezo é menor, 1.174 euros de media fronte aos 1.500 euros dos privados. Nas residencias concertadas non se puido lograr unha media de prezo comparable á das privadas e á das públicas, xa que non todas ofrecen o mesmo número de prazas públicas e o seu prezo, extremadamente diverso, varía en función da situación física e socio-económica dos residentes.

Mellor públicas ou concertadas

Os centros públicos e concertados son máis baratos e obteñen mellores cualificacións ca os privados no exame realizado por esta revista. O 87% das residencias públicas e o 84% das concertadas valoráronse cun 'moi ben' ou cun 'ben', mentres que esa porcentaxe foi do 73% no caso dos centros privados. Os únicos catro casos que suspenderon a proba da revista cun 'regular' ou cun 'mal' resultaron ser residencias privadas e concertadas, fronte ás públicas, que non levaron ningún suspenso. Tamén é significativa a proporción de residencias que quedan cun mediocre 'aceptable': un 23% das privadas, un 14% das públicas e un 12% das concertadas.

TÁBOA COMPARATIVA

Nota final das residencias de maiores e cualificación media (segundo CONSUMER EROSKI)
Provincias Infraestruturas1 Atención asistencial2 Sentirse coma na casa3
A Coruña Ben Regular Moi ben
Álava Moi ben Moi ben Moi ben
Alacante Ben Aceptable Ben
Asturias Regular Aceptable Ben
Barcelona Aceptable Ben Ben
Burgos Ben Regular Ben
Cádiz Aceptable Aceptable Regular
Granada Aceptable Aceptable Ben
Gipúscoa Ben Ben Ben
Madrid Ben Ben Ben
Málaga Aceptable Ben Ben
Murcia Ben Ben Moi ben
Navarra Moi ben Aceptable Moi ben
Sevilla Aceptable Ben Ben
Valencia Ben Ben Moi ben
Valladolid Aceptable Ben Ben
Biscaia Moi ben Ben Ben
Zaragoza Aceptable Aceptable Aceptable
Media Ben Ben Ben
Provincias Seguridade4 Accesibilidade5 Limpeza6 Media
A Coruña Ben Aceptable Aceptable Aceptable
Álava Excelente Ben Moi ben Moi ben
Alacante Excelente Moi ben Ben Ben
Asturias Moi ben Aceptable Ben Aceptable
Barcelona Ben Aceptable Aceptable Aceptable
Burgos Moi ben Aceptable Ben Aceptable
Cádiz Ben Regular Regular Regular
Granada Ben Ben Moi ben Ben
Gipúscoa Excelente Moi ben Ben Ben
Madrid Moi ben Aceptable Aceptable Ben
Málaga Ben Regular Aceptable Aceptable
Murcia Excelente Ben Ben Moi ben
Navarra Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Sevilla Ben Aceptable Aceptable Aceptable
Valencia Moi ben Moi ben Ben Ben
Valladolid Aceptable Ben Aceptable Aceptable
Biscaia Moi ben Moi ben Ben Moi ben
Zaragoza Ben Ben Ben Aceptable
Media Moi ben Ben Ben Ben

1. Infraestruturas e servizos: os técnicos da revista comprobaron as infraestruturas e os servizos das residencias: número de cuartos, dotación dos aseos e dos cuartos, se contan con xardín ou cunha zona de recreo e paseo, biblioteca, ximnasio, sala de ordenadores, cafetería, salón de peiteado... Ademais, neste apartado valorouse a información facilitada polos responsables destes centros durante a visita a esas instalacións como clientes ficticios.

2. Atención asistencial: este apartado é un dos máis importantes do estudo. Para iso, tomouse en conta o número de coidadores por ancián, a especialización dos profesionais sanitarios que os atenden, se no centro hai consulta médica, enfermería, sala de curas, estancias para tratamentos médicos específicos... Ademais, preguntouse se había lista de espera.

3. Sentirse coma na casa: un xeito de valorar se os anciáns se atopan coma na casa nestes centros. Así, tívose en conta se as residencias permitían a visita de familiares e amigos, se estes poden quedar con eles no caso de que se atopen mal, que os residentes poidan levar os seus aparellos persoais e que os poidan gardar baixo chave ou que se lles dea a posibilidade de continuar cos seus hábitos relixiosos (capela ou servizo relixioso no centro).

4. Seguridade: observouse se a residencia contaba cos sistemas de seguridade convenientes (saídas de emerxencia, sistemas antiincendio, iluminación de emerxencia...); amais de coñecer se contaban cun plan de emerxencia ou se se realizara algún simulacro o pasado ano.

5. Accesibilidade: para valorar este aspecto, os técnicos fixáronse en se estas residencias contaban con ramplas de acceso ou con ascensores para salvar as posibles escaleiras que houbese para acceder ao interior da residencia dende a rúa ou para ir dun andar a outro. Ademais, observáronse detalladamente as medidas de accesibilidade de salas comúns, corredores, cuartos e aseos.

6. Limpeza: para rematar, comprobouse o grao de limpeza, mantemento, amplitude e iluminación tanto de estancias interiores como do exterior destes centros xeriátricos.

Custo por tipoloxía de cuarto e residente (residencias públicas e privadas)
Tipología residente e habitación Media 2009 Media 2005 Residencia Pública (2009) Residencia Pública (2005) Residencia Privada (2009) Residencia Privada (2005)
Residente asistido* en cuarto individual 1.556 1.437 1.336 1.095 1.733 1.600
Residente asistido en habitación dobre 1.459 1.255 1.301 1.058 1.458 1.393
Residente válido* en habitación individual 1.247 1.203 1.039 897 1.431 1.271
Residente válido en habitación dobre 1.160 1.115 1.021 775 1.359 1.100
MEDIA 1.356 1.252 1.174 956 1.495 1.341

* Residente asistido: persoa que non se pode valer por si mesma e que precisa axuda para facer as actividades básicas da vida cotiá.
Residente válido: ancián que se pode valer por si mesmo. Todos os cuartos dispoñen de baño completo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto