Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Residencias para a terceira idade: analizadas 125 públicas, privadas e concertadas en 18 provincias: Segue a haber poucas prazas e cada vez son máis caras

Hai listas de espera no 70% delas e un 21% presentan carencias de calidade. Nos últimos catro anos, os prezos das públicas encareceron máis, ata un 23%, pero en xeral seguen a ser máis baratas e mellores ca as privadas

Equipamento, limpeza e accesibilidade

Centros ben equipados

 Máis da metade das 125 residencias analizadas, o 57%, eran de titularidade privada, o 20% tiñan carácter concertado (centros de carácter privado que ofrecen algunhas prazas públicas subvencionadas pola Administración) e un 23% eran públicas (aínda que poida sorprender, esta é a proporción de residencias públicas fronte ás privadas que hai en España). Amais de estaren acondicionados como residencias permanentes, o 56% destes centros poden ofrecer prazas para estancias temporais, dar servizo como centros de día (34%) ou servir de vivendas comunitarias (5%). A oferta media é de 41 cuartos por residencia, aínda que se visitaron pequenos centros de apenas cinco cuartos e unha residencia en Navarra con máis de 500 cuartos. O máis habitual é que conten con cuartos individuais e dobres (idóneas para matrimonios ou para parellas de residentes e máis económicas ca as individuais), aínda que tamén se atoparon cuartos triplos (en 23 centros) e mesmo con catro camas (en 7 residencias).

En xeral, as residencias merecen un 'ben' en servizos e infraestruturas, pero destacan as visitadas en Álava, Navarra e Biscaia cun 'moi ben' de media. No extremo contrario, as de Asturias suspenden cun 'regular' e as analizadas en Cádiz e Zaragoza son as únicas con peores cualificacións ca as analizadas no 2005, que non necesariamente foron as mesmas. O estado de mantemento dos centros é óptimo en xeral (só un 12% precisa reformas) e contan con cuartos ben equipados (con calefacción, armarios, mesas de noite...) aínda que é raro que teñan aire acondicionado, teléfono ou televisor. Tres de cada catro teñen aseo no cuarto, pero o baño non ten timbres de emerxencia (si os hai no 96% dos cuartos). A maior parte das residencias dispón de asistencia farmacéutica, de programas de animación socio-cultural, de salas de lectura e de comedor. Pero faltan ximnasios (só o 35% das residencias visitadas contaban con eles) e salas de ordenadores con conexión a Internet (só no 16% dos centros).

Limpeza e accesibilidade

En liñas xerais, o estado de limpeza destes centros é correcto, aínda que os xardíns de 10 das 94 residencias que contan con eles están algo a monte. Suspenden neste apartado as residencias visitadas en Cádiz e sobresaen unha vez máis as de Álava, cun 'moi ben', igual ca as de Navarra e Granada. A accesibilidade para minusválidos tamén obtén boas cualificacións, aínda que suspenden neste apartado os centros visitados en Cádiz e en Málaga. De feito, case todos os visitados dispuñan de ramplas ou de ascensores para subir dun andar a outro (agás tres residencias madrileñas que só tiñan escaleiras) e os baños e mais os cuartos teñen, polo xeral, chans antiesvaradíos, pratos de ducha con asas e inodoro con soportes laterais.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto