Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Residencias para a terceira idade: analizadas 125 públicas, privadas e concertadas en 18 provincias: Segue a haber poucas prazas e cada vez son máis caras

Hai listas de espera no 70% delas e un 21% presentan carencias de calidade. Nos últimos catro anos, os prezos das públicas encareceron máis, ata un 23%, pero en xeral seguen a ser máis baratas e mellores ca as privadas

 Somos cada vez máis lonxevos: en España, o 17% da poboación é maior de 65 anos e dentro de dúas décadas serao case un de cada catro españois. Non é de estrañar, polo tanto, que a demanda de solicitudes de ingreso en residencias para a terceira idade creza. Tamén a oferta destes centros aumentou, aínda que non moito: nos últimos catro anos pasou de 3,5 prazas cada cen habitantes a 4,14 prazas, e no segmento de maiores de 80 anos as 14 prazas cada cen habitantes son hoxe 16 prazas. Pero este crecemento non abonda, como o demostra que sete de cada dez residencias analizadas neste informe de CONSUMER EROSKI, que publicou hai catro anos un estudo semellante, teñan lista de espera. Non subiron moito as tarifas das residencias para anciáns, xa que dende o 2005 o fixeron nun 8% de media cando o IPC acumulado nese período foi do 9,4%. Pero hai un matiz importante a este dato: as residencias públicas, aínda que seguen a ser máis económicas ca as privadas e concertadas, encareceron, de media, un 23%. E nun suposto concreto moi común, o dun residente válido en cuarto compartido, o incremento de tarifas é aínda maior. Hai catro anos tiña que pagar de media nunha residencia pública 775 euros, e hoxe tería que aboar 1.021 euros, un 32% máis. Tarifas e incrementos onerosos, xa que as pensións subiron un 19% durante estes catro anos. E porque un xubilado español cobra de media 821,5 euros (dato de decembro 2008).

O número de residencias que mereceron un suspenso no exame reduciuse considerablemente. Pasou do 14% ao 3%, pero mantéñense carencias pouco desculpables: baños sen timbre de emerxencia en dúas de cada cinco residencias, un 20% delas sen servizo de fisioterapia e rehabilitación, o 35% só contan cun médico de cabeceira como único especialista e en máis da metade non se realizara un simulacro de emerxencia no último ano. As públicas e concertadas sobresaen con mellores cualificacións e menos suspensos ca as privadas, ao igual que acontecía no 2005.

Estas son algunhas das conclusións ás que chegou CONSUMER EROSKI logo de analizar 125 residencias coa mesma metodoloxía ca no informe de hai catro anos. Os técnicos desta revista, amais de solicitaren toda a información relevante de cada unha delas mediante diversas xestións, visitaron 125 residencias situadas na Coruña, en Álava, Alacante, Asturias, Madrid, Barcelona, Burgos, Cádiz, Granada, Guipúscoa, Málaga, Murcia, Navarra, Sevilla, Valencia, Valladolid, Biscaia e Zaragoza, facéndose pasar en todas elas por clientes ficticios. O obxectivo era comprobar a atención asistencial que lles dispensan aos seus residentes, as infraestruturas e servizos cos que contan, o número de anciáns que lle corresponden a cada coidador, o grao de intimidade e a sensación de se sentir case coma na casa que poida ter cada persoa maior e mais a atención médica que lles ofrecen. Tamén se estudou a limpeza, a seguridade e a accesibilidade das instalacións, e anotáronse e comparáronse os prezos das residencias, xa fosen privadas, concertadas ou públicas. En 12 das 125 residencias da mostra non se lles permitiu a visita aos hipotéticos clientes e cinco centros (de Valladolid, de Alacante, da Coruña e de Barcelona) non contaban cun certificado que acreditase oficialmente que a residencia contaba con todos os elementos precisos para lles asegurar unha atención axeitada aos anciáns.

Con todo, a valoración media das residencias estudadas, un 'ben', é satisfactoria e a mesma ca hai catro anos. E, ao igual ca daquela, as residencias públicas non só se revelan máis económicas, senón que obteñen unha mellor cualificación final (7,3 puntos de media e ningún suspenso) ca as privadas e concertadas (6,7 puntos e 7,2 puntos, respectivamente, e un 4% de suspensos). Por territorios, obteñen peor cualificación ca no 2005 Cádiz e mais A Coruña (pasan do 'ben' ao 'aceptable') e Guipúscoa (do 'moi ben' ao 'ben'), e melloran Barcelona, Málaga, Sevilla e Zaragoza (do 'aceptable' ao 'ben') e tamén Biscaia (de 'ben' a 'moi ben').

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto