Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Tensiómetros domésticos: Por apenas 30 euros pódese adquirir un tensiómetro doméstico fiable

Os seis equipos para medir a tensión analizados son fiables e seguros, pero hainos que custan catro veces máis ca outros

Un a un, seis tensiómetros domésticos

Oregon Scientific BPW120

 
  • Tensiómetro de pulso
  • A mellor relación calidade-prezo.
  • Prezo: 29,90 euros.
  • Nota de calidade: Ben.
  • O máis barato. O único que ofrece dous anos de garantía e non tres. Un dos dous máis pequenos e lixeiros. O que menos rexistros memoriza.
  • As pilas que máis duran (3.200 medicións). Un dos máis precisos. Declara ser conforme coa estrita norma EN 1060.
  • Proba de uso: 7,3 puntos sobre 10, o que menos gustou. Moi incómodo para sacar e gardar o manual, pilas difíciles de cambiar.
  • A imaxe da pantalla oscila, polo que as persoas maiores poden ter dificultade para lela.

Tensoval Duo Control

 
  • Tensiómetro de brazo
  • Unha opción interesante para quen busque un equipo semi profesional.
  • Prezo: 110 euros.
  • Nota de calidade: Moi ben.
  • O segundo máis caro. Un dos dous con maior consumo eléctrico. Amais de con pilas, pode funcionar enchufado á rede eléctrica. O único con modo "invitado", para facer medicións sen que queden memorizadas. Garda 60 rexistros para dous usuarios. Un dos máis precisos analiticamente. O segundo que menos se afastaba do patrón nas medicións clínicas. Declara ser conforme coa estrita norma EN 1060.
  • Proba de uso: 7,8 puntos sobre 10, un dos dous que máis gustou. Axústase ben ao brazo, se ben a súa funda é pequena

Aposán CP2392

 
  • Tensiómetro de pulso
  • Unha opción interesante para persoas con limitacións visuais.
  • Prezo: 77,84 euros.
  • Nota de calidade: Ben.
  • Un dos dous que máis electricidade consume. O único no que unha voz sintetizada informa do resultado da medición. Clasifica a tensión rexistrada segundo a escala da OMS. O máis preciso analiticamente.
  • Proba de uso: 7,7 puntos sobre 10, o mellor dos de pulso e un dos mellores en xeral.
  • Os usuarios valoraron moi positivamente a voz sintetizada que le o resultado.

Tensoval Mobil

 
  • Tensiómetro de pulso
  • Prezo: 82,05 euros.
  • Nota de calidade: Ben.
  • Un dos dous máis pequenos e lixeiros. Almacena ata 60 medicións para dous usuarios diferentes.
  • O que mostrou unha maior desviación analítica a 30 mmHg. Declara ser conforme coa estrita norma EN 1060.
  • Proba de uso: 7,4 puntos sobre 10. Os usuarios láianse de que aperta demasiado cun pulso groso, de que non se adapta ben e de que a súa funda protexe pouco ante os golpes. Funda branda sen protección aos golpes. A tapa das pilas axústase con dificultade.

Omron R3 Intellisense

 
  • Tensiómetro de pulso
  • Prezo: 75,79 euros.
  • Nota de calidade: Suficiente.
  • As baterías que menos duran (570 medicións).
  • O que máis se afasta do patrón nas medicións de presión sistólica, aínda que a desviación é aceptable.
  • Proba de uso: 7,5 puntos sobre 10. Os usuarios láianse de que non é cómodo e se "chanta" no pulso. O seu inchado é lento e pode chegar a magoar algo. A tapa das pilas axústase con dificultade.

Omron M6 comfort

 
  • Tensiómetro de brazo
  • Prezo: 113,18 euros.
  • Nota de calidade: Ben.
  • O máis caro. Pode funcionar enchufado á rede eléctrica. O máis grande e pesado. Indica cando se superaron os niveis de tensión óptimos fixados pola OMS.
  • Proba de uso: 7,8 puntos sobre 10, un dos dous mellor valorados. Gustou que se axustase ben ao brazo e mais a súa pantalla clara e grande, pero non convenceu a súa funda nin a tapa das pilas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto