Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Recibe unha notificación para pagar 1.000 euros por unha película alugada que non devolveu durante máis dun ano

Recibín a carta dun avogado onde se indica que lle debo a un videoclub case 1.000 euros por non devolver unha película que aluguei hai máis dun ano. É a primeira noticia que teño. Advírtenme de que se non realizo este ingreso me demandarán. Solicitei información na tenda e non me din nada, só que fale co seu avogado. Teñen dereito a reclamarme eses cartos?

  Ante un caso coma este pódese solicitar unha penalización por incumprimento, pero menor á reclamada. Ata agora os tribunais, aínda dándolles a razón aos demandantes, moderaron as penalizacións. É o caso da Audiencia Provincial de Huesca que, en sentenza do ano 2005, condenou a un usuario a aboar 90 euros, fronte aos 400 reclamados. A Audiencia de Guipúscoa, pola súa banda, condenou, en sentenza do ano 2004, a pagar 54 euros fronte aos 840 solicitados.

En primeiro lugar e, dado que é habitual a sinatura dun contrato, convén ler as condicións que se expoñen nel e mais os carteis amosados ao publico no establecemento. Se non se dispuxese do contrato, pódese solicitar unha copia no videoclub ou pedirlla ao avogado. Xa coa documentación na man, o máis recomendable é alcanzar un acordo equitativo, co fin de que a penalización sexa moderada, de acordo a un atraso máis breve, como pode ser un mes. De acordo co texto refundido lexislativo da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, as cláusulas dos contratos de adhesión que supoñan a imposición dunha indemnización moi alta ao consumidor que non cumpra as súas obrigas considéranse abusivas.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto